Bandera de GaliciaBandera Española

Actividades Novas por E-mail Facebook Twitter Galerias

Programa Mañanceiro

 

Curso escolar 2016/2017.

Protección, vixilancia e almorzo nos centros escolares do municipio de Cambre.

O departamento de Educación do Concello de Cambre xestiona o Programa Mañanceiro programa de protección, vixiancia e almorzo dos escolares matriculados nos centros de educación infantil e primaria de Cambre. Por medio deste programa os participantes poden entrar no seu colexio a partires das 7:30 horas e ata o comezo da xornada escolar, onde se o solicita poderá almorzar e realizará actividades de tiempo libre relacionadas cos hábitos saudables.

Dirixido a:
Alumnado dos Centros de Educación Infantil e Primaria do municipio de Cambre.

Requisitos:
Estar empadroado no Concello de Cambre.
Estar matriculados nun centro escolar de Educación
Infantil e Primaria do municipio de Cambre.

Prazo de inscrición:
Do 15 de xuño ao 15 de xullo de 2015. Se hai prazas baleiras pódese solicitar praza ao longo de todo o curso.

Para maior información chamar ao núm. tf: 981 613 291 ou enviar un correo a: educacion@cambre.org

O mínimo de solicitantes para que o programa se poña en marcha é de 6 nos CEIP de Brexo-Lema e Sigrás e 13 nos de Cambre, Graxal e Portofaro.

O programa comeza co primeiro día de comezo do curso escolar e remata o último día.

O que esté interesado en solicitar praza deberá presentar en calquera dos rexistros de entrada municipais o impreso de solicitude cuberto cos datos persoais que recollerá no mesmo lugar..

 

Información e impresos.

> Díptico informativo.
Ficha de inscrición.
Autorización para que o Concello de Cambre poida solicitar datos á Axencia Tributaria relativos ao nivel de renda

Carta aos pais

Asunto: información xeral Programa Mañanceiro curso escolar 2016-2017.

Estimados pais, nais ou titores:

Hoxe comeza o curso escolar 2016-2017 e polo tanto o programa municipal Mañanceiro.

Por medio da presente circular queremos comunicarlles o número de teléfono do coordinador do programa por parte da empresa que o xestiona: Carlos 615 386 160.

Ao mesmo tempo comunicar que, o cobro dos recibos realizarase a través da empresa Cambre Ocio S.l.:  para a modalidade de mes completo será entre o día 5 e 10 do mes seguinte. Para a modalidade de días soltos será trimestralmente (1º recibo correspondente aos meses de setembro ao de decembro de 2016, cobrarase no mes de xaneiro;  2º recibo correspondente aos meses de xaneiro a marzo de 2017, cobrarase no mes de abril e o último correspondente aos meses de abril a xuño de 2017, cobrarase no de xullo).

O importe que se cobrará por este servicio será o correspondente á modalidade elixida por vostedes no momento de entregar a solicitude, independentemente de que fagades outro uso do mesmo. Para facer calquera cambio debedes solicitalo por escrito no Concello de Cambre, aínda que podades comunicalo telefonicamente (981 613 291) ou por correo electrónico no departamento de Educación (educacion@cambre.org).


Cambre, 12 de setembro de 2016.

A Área de Igualdade, Terceira Idade,
Voluntariado e Educación.

Folleto informativo

Concello de Cambre - Adro, 1 - 15660 Cambre (A Coruña)
Telf. 981 613 128 - Fax 981 675 969 - Email info@cambre.org

Mapa webAviso legal