Bandera de GaliciaBandera Española

Actividades Novas por E-mail Facebook Twitter Galerias

VIVE O VERÁN Máis refrescante!

Vive o verán

Verás que verán!

Vive o verán. Asi de claro, non quedes na casa. Cambre ten moito que ofrecer para xente de todas as idades, ocupacións ou parroquias. O Concello de Cambre, através da  Área de Cultura, Deporte e Mobilidade organiza, impulsa e difunde unha programación cultural, lúdica, festiva e deportiva como nunca houbo en Cambre durante estes meses.

Vive o verán. Participa, súmate, desfruta e tamén fainos chegar toda crítica ou suxerencia sobre o ronsel de actividades coas que queremos construir un Cambre máis activo e dinámico dende a vocación social e de defensa dos servizos públicos coa que traballamos por un Cambre mellor.

Vive o verán. Ademáis dunha chea de actividaes gratuitas propoñemos un programa deportivo a prezos moi reducidos para lograr chegar a todo o mundo. Facémolo, como a oferta cultural e festiva, man a man co asociacionismo deportivo de Cambre, porque cremos no noso pobo e apostamos por el. Aposta ti tamén: vive o verán.

Concello de Cambre - Adro, 1 - 15660 Cambre (A Coruña)
Telf. 981 613 128 - Fax 981 675 969 - Email info@cambre.org

Mapa webAviso legal