Resumo das AXUDAS DESTINADAS A ACCIÓNS DE FOMENTO DA PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS

  • Normativa

Orde do 15 de xuño de 2018, da CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA, pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas a accións de fomento da prevención de riscos laborais e se procede á súa convocatoria na Comunidade Autónoma de Galicia no exercicio de 2018. (DOG núm. 126 de 3 de xullo de 2018)

  • Obxecto

Investimentos destinados a accións de mellora na adaptación, substitución ou adquisición de equipamentos de traballo e adaptación de postos de traballo.

  • Beneficiarios

As medianas, pequenas empresas e microempresas, así como as persoas traballadoras autónomas con persoas traballadoras ao seu cargo, que teñan o seu domicilio social e polo menos un centro de traballo no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

  • Importe máximo subvencionable

Ningunha empresa poderá percibir unha contía cuxo importe sumpere o 50 % do custo subvencionable realizado nela, e o límite máximo nunca poderá exceder un total de 15.000 euros.

Serán subvencionables os investimentos en prevención de riscos laborais para uso propio da empresa

  • Solicitude

O prazo de solicitude remata o día 3 de agosto de 2018.