CAMBRE DIXITAL – EMPRESAS
PLAN DE FORMACIÓN PARA O FOMENTO DA DIXITALIZACIÓN EMPRESARIAL
Plan de formación online aberto ás empresas do municipio (empresarios e os seus traballadores) e emprendedores/as de Cambre prioritariamente.
Obxectivo principal favorecer a competitividade das empresas do municipio e o mantemento do emprego, a través do fomento da transformación dixital das empresas para a súa adaptación a nova realidade.
Obxectivos:
- Obter coñecementos fundamentais para a dixitalización das Pymes e o seu impacto na toma de decisións e xestión dun negocio.
- Asimilar coñecementos dixitais fundamentais para familiarizarse con eles: terminoloxía, conceptos básicos, tecnoloxías, canles e aplicacións nas súas diferentes vertentes dos negocios.
- Adquirir criterio suficiente para poder xulgar propostas de iniciativas e desenvolvementos dixitais.
- Entender as implicacións e oportunidades que a dixitalización pode ter na xestión e organización do negocio.
- Impulsar a innovación e a dixitalización dos negocios incorporando as ferramentas e técnicas máis axeitadas a cada caso.
- Proporcionar ferramentas e coñecementos para relacionarse electronicamente coa administración e poder participar en contratacións públicas.
Metodoloxía:
As accións formativas programadas son independentes entre si permitindo que cada participante deseñe o seu propio itinerario formativo en función dos seus intereses ou necesidades, participando nos cursos que máis lle interesen.
Contidos:
O plan de formación conta con dous bloques temáticos diferenciados (Comercialización –venda online, e Transformación dixital da empresa). Cada un destes bloques conta con tres cursos independentes e cun sistema de Titorías individualizadas, que de xeito voluntario os participantes poderán solicitar para resolver a súas dúbidas e adaptar o aprendido á súa empresa.
Ademais ao final da programación impartiránse unas “Pílulas Formativas”, ou charlas sobre temas específicos e relevantes en relación coa promoción e as implicacións da venda dixital
COMERCIALIZACIÓN- VENDA ONLINE. Cursos:
1. FERRAMENTAS DE MARKETING ONLINE. Plataformas de venda dixital / omnicanalidade (novos canles de venda) / WhatsApp / redes sociais
Obxectivo: Coñecer distintas opcións dixitales de venda que podan por en marcha as empresas.
Contidos:
- Ferramentas de marketing online: plataformas e sistemas online. Vantaxes e inconvenientes. Como determinar que funciona mellor para o meu negocio.
- Estratexias comerciais dixitais. Omnicanalidade. Como xestionalo.
- Exemplos de iniciativas de éxito
Duración: 6 horas. Días 16, 18 e 19 de novembro, de 20:30 a 22:30 horas.
2. USO ESTRATÉXICO DE REDES SOCIAIS ENFOCADO EN VENDAS
Obxectivo: Optimizar o uso das redes sociais como motor de venda. Contidos:
- Como utilizar as redes sociais dentro da estratexia de vendas. O deseño da campaña.
- Estratexias de Marketing Dixital. SEO e SEM. Ferramentas dispoñibles. Pagar ou non.
- Boas prácticas nas campañas dixitais.
Duración: 6 horas. Días 23, 25 e 26 de novembro, de 20:30 a 22:30 horas.
3. ANÁLISE DO IMPACTO DE CAMPAÑAS EN INTERNET
Obxectivo: Definir e monitorizar para comprobar os resultados das túas campañas online. Contidos:
- Ferramentas para obter datos de análises.
- Cálculo do retorno do investimento
- Análises e recomendacións
Duración: 6 horas. Días 30 de novembro, 2 e 3 de decembro, de 20:30 a 22:30 horas.
TITORÍAS INDIVIDUALIZADAS: entre os días 26 de novembro e o 11 de decembro.
TRANSFORMACIÓN DIXITAL DA EMPRESA
1. XESTIÓN DO CAMBIO E TRANSFORMACIÓN DIXITAL
Obxectivo: Detectar os aspectos fundamentais para a reorientación e transformación dixital na empresa. Contidos:
- A transformación dixital como novas oportunidades de estratexia empresarial.
- Planificación e cambio cultural.
- Puntos esenciais na Xestión do Cambio nos procesos de transformación dixital.
- Ferramentas para a transformación dixital das Pemes: comunicacións, seguridade, xestión do traballo, etc.
Duración: 4 horas. Días 18 e 21 de xaneiro, de 20:30 a 22:30 horas.
2. CERTIFICADO DIXITAL E SINATURA ELECTRÓNICA
Obxectivo: Que é o certificado dixital/sinatura electrónica. Usos que ofrecen e como obtelos. Contidos:
- Certificados dixitais: tipos (e-Dni, Chave 365, Clave,…), funcións, xestións e trámites
- Para que sirve a sinatura electrónica e que trámites permite. AutoFirma e VALIDe.
- Pasos para obter un certificado dixital. Caso práctico.
Duración: 4 horas. Días 25 e 28 de xaneiro, de 20:30 a 22:30 horas
3. A ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA (Sedes electrónicas: AEAT, Seguridade Social, Concello de Cambre, etc. Notifica. Rexistro de Licitadores estatais e rexionais. Facturación FACE)
Obxectivo: Coñecer a administración electrónica e as posibilidades que ofrecen para os efectos da realización de trámites oficiais. Poder optar a contratos coas administracións públicas). Contidos:
- Obriga e conveniencia da relación telemática coas adm. públicas. Leccións aprendidas.
- Utilidades e trámites que permiten: notificacións, acceso a sedes, trámites.
- Contratacións públicas: rexistros e presentación electrónica de ofertas. Facturación FACE.
- Caso práctico: Alta en NOTIFICA.
Duración: 4 horas. Días 1 e 4 de febreiro, de 20:30 a 22:30 horas.
TITORÍAS INDIVIDUALIZADAS: entre os días 8 de xaneiro e 5 de febreiro.
PÍLULAS FORMATIVAS:
PROMOCIÓN E IMPLICACIÓNS DA VENDA DIXITAL
Terán lugar entre os días 8 e 24 de febreiro. Horario de 20:30 a 22:00 horas.
1. IDENTIDADE, MARCA PERSOAL DA EMPRESA
Obxectivo: Coñecer os aspectos para definir a identidade da súa empresa na rede e promovela.
Data: 8 de febreiro
2. NEUROMARKETING, UNHA XEITO DE VENDER BASEADO NA NEUROCIENCIA
Obxectivo: Entender a importancia na neurociencia no proceso de venda. Identificar os momentos en que aplicar as ferramentas no día a día da venda.
Data: 10 de febreiro
3. O CAMIÑO DO CLIENTE: COMO FIDELIZAR AOS CLIENTES
Objectivo: Aprender a crear unha experiencia no punto de venda, a través dos momentos “Touch” e outras estratexias de fidelización.
Data: 15 de febreiro
4. OMNICANALIDADE
Objectivo: Coñecer a importancia dunha estratexia omnicanal no retail que nos permita ofrecer un mellor servizo aumentando a competitividade
Data: 17 de febreiro
5. COMO DESEÑAR PROPOSTAS DE VALOR ATRACTIVAS PARA OS SEUS CLIENTES: unha oferta que non se poida rexeitar
Objectivo: Aprender a diferenciar un produto ou servizo, para que aporte vantaxes competitivas.
Data: 22 de febreiro
6. ESCAPARATISMO DIXITAL
Objectivo: Coñecer as mellores aplicacións e ferramentas para xerar un escaparate online.
Data: 24 de febreiro