Bandera de GaliciaBandera Española

Actividades Novas por E-mail Facebook Twitter Galerias

Auga

AUGASERVI, S.L., es la empresa concesionaria del servicio de agua y mantenimiento de alcantarillado del Ayuntamiento de Cambre

Oficina de atención al cliente:
C/Wenceslao Fernández Flórez, 9-bajo (detrás de la Casa Consistorial).
Ver mapa de situación.

El horario es de lunes a viernes de 8 a 15 horas.
Teléfonos de contacto:
Tlf oficina 981 675502  Fax: 981 656265  Email: augaservi@gmail.com
Tlf. Averias  619307703

TRÁMITES MAIS FRECUENTES:

-Altas de auga ou cambios de titular de contrato en vivendas: o propietario da vivenda ou inquilino da mesma debe de acudirse nas nosas oficinas e presentar  a seguinte documentación:
    - escritura propiedade ou contrato arrendamento
    - recibo IBI
    - número de conta bancaria en caso de domiciliar o recibo
- abono das taxas correspondentes,  que en caso de altas son 100 € e en caso de cambio de titular de contrato son 37 €

-Altas de auga  ou cambios de titular de contrato en obras: o propietario da obra debe de acudir as nosas oficinas e presentar  a seguinte documentación:
    - escritura propiedade
    -licencia de obra
    - número de conta bancaria en caso de domiciliar o recibo
- abonar as taxas de 100 €

-Altas de auga ou cambios de titular de contrato en locais comerciais: o propietario ou arrendatario do local debe de acudirse nas nosas oficinas e presentar  a seguinte documentación:
    - escritura propiedade ou contrato de arrendamento
    -licencia municipal de actividade
    - modelo de alta de actividade en facenda ( mod. 036)
    - número de conta bancaria en caso de domiciliar o recibo
- abonar as taxas de 100€  en caso de alta de auga ou de 37€  en caso de cambio de titular.


-Cambio de domiciliación bancaria
 Os cambios na domiciliación das contas pode facerse persoalmente nas nosas oficinas ou por correo electrónico augaservi@gmail.com, indicando a dirección da subministración, nome, DNI e conta do novo pagador así como un teléfono de contacto.

Baixas de subministración:

A baixa da subministración por parte do abonado do contrato solicitaríase por escrito nas nosas oficinas ou ben por correo electrónico, achegado unha copia do DNI do abonado.


Solicitude de conexión á rede de rede de sumidoiros:

Esta solicitude tense que tramitar na sección de obras do concello onde lles indicarán os requirimentos técnicos e documentación a achegar.

Facturación da subministración

A facturación realízase por trimestres naturais e nun único recibo factúranse distintos conceptos: auga, rede de sumidoiros, lixo e canon de auga.
A facturación mínima de auga ao trimestre é de 30 m3, segundo establécese na ordenanza fiscal nº 15 reguladora da subministración de auga.

Suspensión da subministración

A empresa poderá suspender a subministración de auga no caso de que  o abonado non satisfixese no período voluntario o importe do recibo.
En caso de corte por falta de pago, se no prazo de tres meses desde a data de corte non se pagaron polo abonado os recibos pendentes, darase por finalizado o contrato e anulada a póliza de abono.

Tarifas

As tarifas de cada servizo veñen recollidas nas ordenanzas reguladoras de cada servizo:

Auga

ORDENANZA FISCAL Nº 15.
Ordenanza Fiscal Reguladora da Taxa por Subministración de Auga
- Ver ordenanza (PDF ).

Alcantarillado

ORDENANZA FISCAL Nº 9.
Ordenanza Fiscal Reguladora da Taxa polo Servicio da Rede de Sumidoiros
- Ver ordenanza (PDF ).

Basura

Ordenanza reguladora da taxa pola prestación do servizo de recollida e tratamento de lixo e residuos urbanos do Consorcio de As Mariñas.
- Ver Ordenanza.

Canon Auga

Decreto 136/2012 de 31 de maio polo que se regula o canon de auga e coeficiente de vertedura a sistemas públicos de depuración de augas residuais da Xunta de Galicia.

Concello de Cambre - Adro, 1 - 15660 Cambre (A Coruña)
Telf. 981 613 128 - Fax 981 675 969 - Email info@cambre.org

Mapa webAviso legal