Agua
AUGASERVI, S.L., é a empresa concesionaria do servizo de auga e mantemento de alcantarillado do Concello de Cambre.
Oficina de atención ó cliente:
C/Wenceslao Fernández Flórez, 9-bajo (detrás de la Casa Consistorial).
O horario é de luns a venres de 8 a 15 horas.
Teléfonos de contacto:
Tlf. Oficina 981 675 502
Fax: 981 656 265
Email: augaservi@gmail.com
Tlf. Averías 619 307 703
Trámites máis frecuentes:
Altas de subministración:
– Altas de auga en vivendas: o propietario da vivenda da mesma debe de acudirse nas nosas oficinas e presentar a seguinte documentación:
– escritura propiedade
– recibo IBI
– certificado de conta bancaria en caso de domiciliar o recibo
– abono das taxas correspondentes, que en caso de altas son 100 € e en caso de cambio de titular de contrato son 37 €
– Altas de auga ou cambios de titular de contrato en obras: o propietario da obra debe de acudir as nosas oficinas e presentar a seguinte documentación:
– escritura propiedade
– licencia de obra
– certificado de conta bancaria en caso de domiciliar o recibo
– abonar as taxas de 100 €
– Altas de auga ou cambios de titular de contrato en locais comerciais: o propietario do local debe de acudirse nas nosas oficinas e presentar a seguinte documentación:
– escritura propiedade ou contrato de arrendamento
– licencia municipal de actividade
– modelo de alta de actividade en facenda ( mod. 036)
– certificado de conta bancaria en caso de domiciliar o recibo
– abonar as taxas de 100€ en caso de alta de auga ou de 37€ en caso de cambio de titular.
– Cambio de domiciliación bancaria
Os cambios na domiciliación das contas pode facerse persoalmente nas nosas oficinas ou por correo electrónico augaservi@gmail.com, indicando a dirección da subministración, nome, DNI e conta do novo pagador así como un teléfono de contacto.
Baixas de subministración:
A baixa da subministración por parte do abonado do contrato solicitaríase por escrito nas nosas oficinas ou ben por correo electrónico, achegado unha copia do DNI do abonado.
Solicitude de conexión á rede de rede de sumidoiros:
Esta solicitude tense que tramitar na sección de obras do concello onde lles indicarán os requirimentos técnicos e documentación a achegar.
Facturación da subministración:
A facturación realízase por trimestres naturais e nun único recibo factúranse distintos conceptos: auga, rede de sumidoiros, lixo e canon de auga.
A facturación mínima de auga ao trimestre é de 30 m3, segundo establécese na ordenanza fiscal nº 15 reguladora da subministración de auga.
Suspensión da subministración:
A empresa poderá suspender a subministración de auga no caso de que o abonado non satisfixese no período voluntario o importe do recibo.
En caso de corte por falta de pago, se no prazo de tres meses desde a data de corte non se pagaron polo abonado os recibos pendentes, darase por finalizado o contrato e anulada a póliza de abono.
Tarifas
As tarifas de cada servizo veñen recollidas nas ordenanzas reguladoras de cada servizo:
Auga
ORDENANZA FISCAL Nº 15.
Ordenanza Fiscal Reguladora da Taxa por Subministración de Auga
– Ver ordenanza (PDF ).
Alcantarillado
ORDENANZA FISCAL Nº 9.
Ordenanza Fiscal Reguladora da Taxa polo Servicio da Rede de Sumidoiros
– Ver ordenanza (PDF ).
Basura
Ordenanza reguladora da taxa pola prestación do servizo de recollida e tratamento de lixo e residuos urbanos do Consorcio de As Mariñas.
– Ver Ordenanza.
Canon Auga
Decreto 136/2012 de 31 de maio polo que se regula o canon de auga e coeficiente de vertedura a sistemas públicos de depuración de augas residuais da Xunta de Galicia.