Cambre aposta novamente polas axudas do Bonotaxi, unha achega para facilitar o transporte das persoas con diversidade funcional e mobilidade reducida.
A convocatoria deste ano conta cun orzamento de 20.000 euros, 5.000 máis que o pasado, que se lle entregarán aos veciños e veciñas en forma de bonos.
As persoas interesadas poderán solicitalos do 13 ao 28 de febreiro de maneira presencial nos rexistros municipais ou telemática a través da sede electrónica do Concello.
– Bases
– EXTRACTO
– Anexos:
ANEXO I solicitude
ANEXO II declaración responsable
ANEXO III Autorización datos