Ayudas
Programa de incentivos á contratación por conta allea das persoas desempregadas paradas de longa duración
Consellería de Economía, Emprego e Industria
Subvencións destinadas a incentivar o emprego autónomo e a contratación das persoas novas inscritas no sistema nacional de garantía xuvenil
Consellería de Economía, Emprego e Industria
A Xunta abre o prazo de solicitude de axudas para a rehabilitación de vivendas nos sete Camiños de Santiago, cun investimento de 3,2 millóns de euros para o vindeiro ano.
Os solicitantes poderán financiar con cargo a estas axudas ata o 35 % do orzamento subvencionable das obras, cun límite máximo de 11.000 euros por vivenda
Portal vivenda da Xunta de Galicia.
TARXETA BENVIDA para as familias con fillas e fillos nados no ano 2016.
Axuda de 1.200 € a razón de 100 €/mes durante o primeiro ano de vida do fillo ou filla nado ou adoptado entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2016.
Esta tarxeta só poderá ser utilizada en farmacias, parafarmacias, supermercados e tendas de alimentación.
O prazo de presentación de solicitudes será de dous meses contados desde o día seguinte a aquel en que se produce o nacemento.
As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es . Opcionalmente, tamén se poderán presentar as solicitudes en soporte papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da LRX-PAC, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.