###HEADER_IMAGE###

Bandera de GaliciaBandera Española

Facebook Twitter Galerias

Cemiterios

Solicitude de apertura de nicho para exhumación

É a solicitude de apertura dun nicho respecto do que se ten o título de concesión de uso privativo, co fin de exhumar un cadáver ou restos cadavéricos no Cemiterio Municipal de Cambre.

Enténdese por cadáver, o corpo humano durante o cinco primeiros anos seguintes á morte.

Restos cadavéricos, o que queda do corpo humano, unha vez transcorridos o cinco anos seguintes á morte.

A exhumación de cadáveres poderá autorizarse para a sua reinhumación no mesmo cemiterio utilizando féretro común, ou en cemiterio distinto empregando para iso arcón de traslado, ou para a súa inmediata incineración.

A exhumación e traslado de restos cadavéricos para a súa reinhumación poderá efectuarse depositando aqueles en caixa de restos.

A exhumación e traslado de cadáveres e restos cadavéricos para a súa reinhumación, xa sexa no mesmo cemiterio  ou noutro distinto, require sempre a autorización da Delegación Provincial da Consellería de Sanidade.

 

Quen o pode solicitar?

O interesado ou o seu representante legal.



Documentación a achegar

    Solicitude de exhumación asinada polo titular do dereito de uso.
    Documento de identidade da persoa solicitante:
        Españois: DNI, pasaporte ou permiso de conducir.
        Estranxeiros comunitarios (ou asimilados): NIE (cartón de residencia), pasaporte, ou carta de identidade do seu país de orixe, en vigor.
        Estranxeiros non comunitarios: NIE (cartón de residencia), pasaporte en vigor.
    Fotocopia do título de concesión do dereito de uso privativo sobre o nicho, ou último recibo acreditativo de abonar a taxa por prestación de servizos no cemiterio municipal.
    Autorización sanitaria emitida pola Delegación Territorial da Consellería de Sanidade (C/. Gregorio Hernández nº 4, C.P. 15011, A Coruña, Teléfono: 981 185 800).
    Xustificante de abonar o tributo/prezo público pola licenza de exhumación.
    No caso de que se actúe por representación, deberase achegar, para a súa compulsa:
        DNI do representante.
        Documento orixinal da escritura pública ou poder notarial que acredite a representación, ou ben, a declaración en comparecencia persoal do interesado ante fedatario municipal ou funcionario en quen delegue.


Tributo / Prezo público


Art. 6º. 1 b) da Ordenanza Fiscal nº 10 reguladora da taxa por prestación de servizos no cemiterio municipal:

1.b) Licenzas para inhumaciones e exhumaciones

- Por cada unha que se realice en nicho ........................... 18,39 euros
- Por cada unha que se realice en sepultura subterránea .... 18,39 euros
- Por cada unha que se realice en panteóns .................... 36,78 euros
- Por cada unha que se realice en mausoleos .................... 49,04 euros

Concello de Cambre - Adro, 1 - 15660 Cambre (A Coruña)
Telf. 981 613 128 - Fax 981 675 969 - Email info@cambre.org

Mapa webAviso legal