Inicio » Ao teu servizo » Despensa municipal de alimentos

Despensa municipal de alimentos

A Despensa Municipal de Alimentos foi creada polo departamento de Servizos Sociais no ano 2012 e está xestionada polos Voluntariado de Cambre. A concejalía de Igualdade, Benestar Social, tendo en conta da situación de crise actual que supón un incremento das familias con necesidade de abastecemento de produtos alimenticios de primeira necesidade, considerou urxente e necesario a posta en marcha dun proxecto para a captación, almacenamiento e distribución de produtos básicos entre as citadas familias. Alí os voluntarios do concello e os técnicos de Servizos Sociais garantirá que os alimentes cheguen canto antes ás familias que máis o necesiten. Os técnicos de Servizos Sociais evalúan aos usuarios antes de pasar pola Despensa co fin de garantir un control efectivo da Despensa.

Para tal efecto, elaborouse o proxecto Despensa Municipal de Alimentos, así como a redacción dun convenio de colaboración a formalizar entre o Concello de Cambre e a asociación sen ánimo de lucro “Banco de Alimentos Rías Altas”, para a cobertura de parte dos alimentos que conformarán a Despensa de Alimentos do Concello de Cambre.

Ubicación: Rúa Miño 6, A Barcala, Cambre; Teléfono 981917818
Horario de recollida de alimentos de todo  non perecedoiros e produtos de aseo persoal e limpeza: De luns a venres de 10.00 horas a 12.00 horas.

Para maís info: Local municipal do voluntariado 981 674 078 ou no departamento de Servizo Sociais no 981 654 812.