Información Xeral

SITUACIÓN

O termo municipal de Cambre está situado ao noroeste de Galicia, na provincia da Coruña, a 12 Km en dirección sueste, da capital da provincia.
Constituído por 12 parroquias: Anceis, Andeiro, Brexo, Bribes, Cambre, Cecebre, Cela, Meixigo, Pravio, Sigrás, O Temple e Stª Mª de Vigo.
A superficie total do municipio é de 41 km2.
A situación do concello dentro da área comarcal, pode considerarse de interese polo seu emprazamento centralizado e as súas ligazóns viarias.

Está a 10 minutos do Aeroporto de Alvedro e 15 minutos do Porto da Coruña. Está situado entre a Nacional VIN (Madrid-A Coruña) e a Nacional 550 (A Coruña-Tui).
Estas ligazóns están hoxe mellorados polas entradas/saídas para a autoestrada A-9 (A Coruña-Santiago), ademais do trazado de ferrocarril.

Temos que facer mención ao novo trazado de autovía Lugo-Coruña que pasa por varias parroquias do termino municipal, cunha ligazón na parroquia de Anceis.
Na estación de ferrocarril de Cambre e o apeadeiro de Cecebre fan parada os trens de pasaxeiros procedentes da Coruña ou de Vigo xa que se atopa na liña A Coruña-Lugo-Monforte e A Coruña-Ferrol.

     

    MEDIO FÍSICO

    Forma parte da comarca de As Mariñas que se caracteriza por unha sucesión de áreas achanzadas con vales moi suaves. As abas teñen moi pouca pendente. As alturas son do tipo baixo-medio (máxima 130 m.). Pertence á zona costeira de influencia marítima, ainda que a única costa está na parroquia de O Temple.

    A rede hidrográfica ven configurada pola cunca do río Mero e os seus debedores (Barcés, Brexa e Valiña-Gaiteiro) de vertente atlántica, que atravesa o termo de Cambre do Leste ó Oeste.

    O embalse de Cecebre, do cal abastécese de auga a cidada da Coruña, recibe as augas do río Mero e do Barcés.

    O dominio climático do municipio é oceánico húmido. As temperaturas son suaves, oscilando entre 7-8 graos no inverno e arredor dos 20 no verán. En canto ás precipitacións a media anual é de 1.000-1.500 mm., sendo os días máis chuviosos en novembro e decembro. A humidade relativa do aire é elevada cun índice superior ó 75%.

    A vexetación é hidrófila. Os bosque e as fragas están formados por carballos, pinos e eucaliptos, pero son pequenos e están espallados, debido á ocupación do chan.

    Medio Humano

    A poboación actual é de 24.677 habitantes (maio 2017, pendente de aprobación polo INE) agrupados en asentamentos básicos de convivencia (as parroquias), que ó mesmo tempo se distribúen en máis de 120 núcleos de poboación chamados aldeas, rueiros ou lugares.

    A superficie total do concello é de 41 km2. O crecemento poboacional mantén unhas características positivas e bastante equilibradas.

    A densidade media da poboación é variable segundo a parroquia. Cunha densidade de 601 habitantes por km2. e unha media de idade de 42,3 anos. A meirande parte da poboación desprázase á cidade da Coruña para as súas actividades laborais.

    A pirámide de poboación é atípica, relativamente nova se temos en conta a tendencia cara ó envellecemento que posúen a maioría dos municipios galegos. Amosa un ensanchamento en certos segmentos de idade, concretamente os comprendidos nos intervalos entre 25 e 45 anos. O perfil corresponde a familias novas con fillos, procedentes na súa maioría doutros municipios da provincia que fixan a súa residencia en Cambre animados pola diferencia de precios de vivenda con respecto ó municipio veciño da Coruña.

    Unha grande parte deste aumento de poboación encóntrase localizado nas novas urbanizacións da parroquia do Temple (urbanización O Graxal) e da parroquia de Cambre (urbanización A Barcala).

    Esta característica do municipio ten consecuencias asociadas que se localizan na organización do territorio e nos procesos especiais asociados á evolución demográfica.

    Como se pode apreciar, existe unha concentración da poboación en dúas parroquias: O Temple e Cambre, englobando entre as dúas o 67% do total. Do resto únicamente Anceis, Cecebre e Sigrás sobrepasan os 1.000 habitantes, concentrando entre as tres case o 17% da poboación do municipio, as demais parroquias repártense o 16% restante.

    Hai que ter en conta o feito de que a excepción das dúas principais parroquias mencionadas que constitúen zonas urbanas, as restantes teñen un marcado carácter rural que se acentúa nas parroquias con menor poboación.

    Esta característica do municipio ten consecuencias asociadas que se localizan na organización do territorio e nos procesos especiais asociados á evolución demográfica.

    Como se pode apreciar, existe unha concentración da poboación en dúas parroquias: O Temple e Cambre, englobando entre as dúas o 67% do total. Do resto únicamente Anceis, Cecebre e Sigrás sobrepasan os 1.000 habitantes, concentrando entre as tres case o 17% da poboación do municipio, as demais parroquias repártense o 16% restante.

    Hai que ter en conta o feito de que a excepción das dúas principais parroquias mencionadas que constitúen zonas urbanas, as restantes teñen un marcado carácter rural que se acentúa nas parroquias con menor poboación.