Inicio » Ao teu servizo » Información Xeral » As Parroquias » Brexo Lema

Brexo Lema

Brexo Lema.

Situada á esquerda do río Brexa que discorre polos seus límites con Bribes. A 17 km da Coruña, Brexo Lema limita ó norte con Cela, ó leste con Bribes, ó sur con Sta. Mª de Vigo e ó oeste con Meixigo e Andeiro.

Nesta parroquia atópase o val de Lema e a aldea de Corgo, nome que é recordo da vía romana que viña polas limítrofes parroquias de Cela e Andeiro e seguía pola de Vigo.