Cecebre

Cecebre.

Atópase a 15 km da Coruña e na marxe dereita do Mero. Limita ó norte con Oleiros, Sada e Bergondo, con Bergondo e Abegondo ó leste, ó sur con Bribes e ó oeste Pravio e Cela constitúen os seus lindes.

En Cecebre está situado o encoro formado pola confluencia das augas dos ríos Mero e Barcés, abastece de auga ó municipio da Coruña. O encoro de Cecebre é un espacio natural protexido, cun grande valor científico e ecolóxico, residencia dunha grande variedade de aves acuáticas.