Sigrás

Sigrás.

Atópase a 11 km da Coruña. Ó leste da parroquia pasa un afluente do Mero, o Valiña. Son os seus límites ó norte e oeste Culleredo, ó sur Anceis e ó leste Cambre.

Antigamente foi lugar de veraneo e existiu unha tradición textil arraigada, había en Sigrás fábricas de fiados e practicamente en tódalas casas contábase cun tear. No seculo XIX existían tamén fábricas de pintados de algodón e liño.