Inicio » Ao teu servizo » Información Xeral » Medio Físico

Medio Físico

Forma parte da comarca de As Mariñas que se caracteriza por unha sucesión de áreas achanzadas con vales moi suaves. As abas teñen moi pouca pendente. As alturas son do tipo baixo-medio (máxima 130 m.). Pertence á zona costeira de influencia marítima, ainda que a única costa está na parroquia de O Temple.

A rede hidrográfica ven configurada pola cunca do río Mero e os seus debedores (Barcés, Brexa e Valiña-Gaiteiro) de vertente atlántica, que atravesa o termo de Cambre do Leste ó Oeste.

O embalse de Cecebre, do cal abastécese de auga a cidada da Coruña, recibe as augas do río Mero e do Barcés.

O dominio climático do municipio é oceánico húmido. As temperaturas son suaves, oscilando entre 7-8 graos no inverno e arredor dos 20 no verán. En canto ás precipitacións a media anual é de 1.000-1.500 mm., sendo os días máis chuviosos en novembro e decembro. A humidade relativa do aire é elevada cun índice superior ó 75%.

A vexetación é hidrófila. Os bosque e as fragas están formados por carballos, pinos e eucaliptos, pero son pequenos e están espallados, debido á ocupación do chan.