Inicio » Ao teu servizo » Mascotas

Mascotas

Ter unha mascota implica unha gran responsabilidade, si queres ter unha en casa, debes ter en conta os coidados que necesita. Coñece a través desta páxina as campañas municipais destinadas ao seu benestar. E si non podes facerche cargo do teu animal, por favor, non o abandones. Consulta onde podes deixalo.

Dende o Consorcio As Mariñas está a xestionar a través da empresa concesionaria SERVIGAL, S.L., o servizo público de lacería, canceira e xestión final dos cadáveres de animais domésticos nos Concellos que integran este Consorcio. Este servizo consiste na recollida de cans e gatos abandonados na vía pública, na xestión de cadáveres de animais de particulares e clínicas veterinarias e na xestión da adopción dos animais de campoñía abandonados ou entregados.

Ademais disto, Servigal xestionará unha canceira que dará cabida ós animais domésticos abandonados do territorio e estará sita no Concello de Abegondo. Esta canceira estará destinada á recollida, depósito, estancia e custodia dos animais, onde se terá especial coidado na súa correcta alimentación e coidado hixiénico-sanitario.

Para facer uso destes servizos, Servigal pon á disposición dos veciños do Consorcio As Mariñas un servizo de atención ó cliente que poderá ter lugar mediante visita ás isntalación ou a través do teléfono 981 679 083. Horario al público de 9:00 a 14:00 de lunes a sábado y de 16:00 a 18:00 de lunes a viernes.

Lémbrase a todos os veciños a importancia de manter limpo Cambre entre todos, lembrando ademais que non respectar a normativa respecto diso pode levar multas de até 3.000 euros. Pídese máis civismo aos propietarios de animais que non recollen as deposicions das súas mascotas, creando con iso unha situación ás veces insustentable nalgúns puntos da localidade.

Desde a Policía Local destacouse a necesidade da colaboración cidadá para manter limpa a localidade destes excrementos. Por todo iso, rógase unha vez máis a colaboración de todos para evitar que proliferen os excrementos de animais nos espazos públicos. Así, os veciños poden contactar coa Policía Local nos teléfonos 981 675 533 para pór en coñecemento da autoridade calquera incumprimento que observen neste sentido.