Campaña informativa e de concienciación para reducir as secuelas físicas e psicolóxicas da covid-19 entre os veciños

O Concello de Cambre poñerá en marcha un programa informativo e de concienciación para reducir as secuelas físicas e psicolóxicas derivadas da covid-19 entre os veciños e veciñas do municipio.

O plan incluirá a publicación de 24 vídeos, así como a organización de webinars para resolver as dúbidas dos propios usuarios e usuarias. As persoas que desexen apuntarse a estes webinars deberán encher a ficha inscrición.

Durante o programa, abordaranse as seguintes cuestións: mobilidade para maiores, trastornos musculoesqueléticos derivados do teletraballo e/ou do uso de teléfonos,  tablets e ordenadores -factores de prevención e rutinas de adestramento-, secuelas físicas, psicolóxicas e nutricionais pola nova normalidade -uso de máscara, sedentarismo, hábitos nutricionais, estado emocional, etc.- e, por último, mellora das rutinas para aumentar a calidade de vida.

As persoas interesadas en recibir máis información poderán chamar ao teléfono 981 61 31 86 ou enviar un correo electrónico a deportes@cambre.org.

Vídeos: