Bandera de GaliciaBandera Española

Actividades Novas por E-mail Facebook Twitter Galerias

Áreas de Goberno

Área de benestar social e educación

- No ámbito dos servizos asistenciais aos cidadáns:

A avaliación e información de situacións de necesidade social e atención inmediata a persoas en situación ou risco de exclusión social.

Os proxectos, programas, medidas e servizos que se veñen desenvolvendo de integración social, infancia, familia, políticas da muller, atención á terceira idade e políticas de igualdade, ou que se poidan desenvolver, iso de conformidade co establecido na Lei 5/2014, do 27 de maio, de medidas urxentes derivadas da entrada en vigor da Lei 27/2013, do 27 de decembro, de racionalización e sustentabilidade da Administración local, no Acordo da Comisión Bilateral de Cooperación Administrativa Xeral do Estado-Comunidade Autónoma de Galicia do 25 de febreiro de 2015 e no artigo 7 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local.

 

- No ámbito da Educación:

A vixilancia do cumprimento da escolaridade obrigatoria e cooperación coas administracións educativas na obtención dos terreos necesarios para a construción dos novos centros docentes, así como a vixilancia en materia de conservación, mantemento e vixilancia dos edificios de titularidade municipal destinados a centros públicos de educación infantil, de educación primaria ou de educación especial, dando conta ao responsable da Área de Economía, Facenda, Obras e Servizos para os efectos oportunos.

A utilización dos equipamentos educativos, así como os programas e servizos que se veñen desenvolvendo ou que se poidan desenvolver a teor do establecido na Lei 5/2014, do 27 de maio, de medidas urxentes derivadas da entrada en vigor da Lei 27/2013, do 27 de decembro, de racionalización e sustentabilidade da Administración local, no Acordo da Comisión Bilateral de Cooperación Administrativa Xeral do Estado-Comunidade Autónoma de Galicia do 25 de febreiro de 2015 e no artigo 7 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local.

 

-  No ámbito das políticas de acción voluntaria, os servizos e actividades que se veñen desenvolvendo ou que se poidan desenvolver a teor do establecido na Lei 5/2014, do 27 de maio, de medidas urxentes derivadas da entrada en vigor da Lei 27/2013, do 27 de decembro, de racionalización e sustentabilidade da Administración local, no Acordo da Comisión Bilateral de Cooperación Administrativa Xeral do Estado-Comunidade Autónoma de Galicia do 25 de febreiro de 2015 e no artigo 7 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local.

Concello de Cambre - Adro, 1 - 15660 Cambre (A Coruña)
Telf. 981 613 128 - Fax 981 675 969 - Email info@cambre.org

Mapa webAviso legal