Bandera de GaliciaBandera Española

Actividades Novas por E-mail Facebook Twitter Galerias

Xunta de Goberno Local

 

A) Composición

- Alcalde-presidente:           Óscar A. García Patiño
- 1º Tenente de alcalde:      Juan Evaristo Rodríguez Vázquez
- 2º Tenente de alcalde:      Juan González Leirós
- 3ª Tenente de alcalde:      Leonor Fernández Grande
- 4ª Tenente de alcalde:      Elisa Pestonit Barreiros
- 5ª Tenente de alcalde:      Josefa Vázquez Soto
- 6º Tenente de alcalde:      Ramón Boga Moscoso
- 7º Tenente de alcalde:      Daniel Carballada Rodríguez

 

B) Competencias:

- Correspóndelle á Xunta de Goberno Local a asistencia ao alcalde no exercicio das súas atribucións, así como as atribucións que o alcalde ou o Pleno lle deleguen, ou as que lle atribúan as leis (art. 23.2 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, artigo 65.2 da Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia e artigo 71 do Regulamento orgánico municipal).

- O Pleno municipal do Concello de Cambre non levou a cabo ningunha delegación de atribucións na Xunta de Goberno Local.

- Por Resolución da Alcaldía número 447/2016, do 18 de marzo, o señor alcalde delegou na Xunta de Goberno, como órgano colexiado, as atribucións que a continuación se relacionan, tendo os acordos adoptados o mesmo valor que as resolucións que dite o alcalde no exercicio das atribucións non delegadas:

1. As competencias como órgano de contratación respecto de:
- os contratos de obras, de subministración, de servizos, de xestión de servizos públicos, os contratos administrativos especiais e os contratos privados cando o seu importe non supere o 10 por 100 dos recursos ordinarios do orzamento nin, en calquera caso, a contía de seis millóns de euros, incluídos os de carácter plurianual cando a súa duración non sexa superior a catro anos, sempre que o importe acumulado de todas as súas anualidades non supere nin a porcentaxe indicada, referido aos recursos ordinarios do orzamento do primeiro exercicio, nin a contía sinalada.
- a adxudicación de concesións sobre os bens da entidade local e a adquisición de bens inmobles e dereitos suxeitos á lexislación patrimonial cando o seu valor non supere o 10% dos recursos administrativos do orzamento nin o importe de tres millóns de euros, así como o alleamento do patrimonio, cando o seu valor non supere a porcentaxe nin a contía indicados.
Esta competencia delegada levará aparellada a de autorizar e dispoñer os gastos correspondentes contra partidas orzamentarias cuxa xestión lles corresponda, en virtude do establecido no artigo 109.5 e 110 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o Texto refundido da Lei de contratos do sector público e, en xeral, todos aqueles actos e trámites que a normativa vixente atribúe ao órgano de contratación.

2. A aprobación dos proxectos de obras e de servizos cando sexa competente para a súa contratación ou concesión e estean previstos no orzamento.

3. A aprobación das certificacións de obra expedidas polo director facultativo cando actúe como órgano de contratación.

4. A devolución de garantías de todo tipo de contratacións e concesións que deriven de asuntos de competencia da Xunta de Goberno Local.
- De conformidade co establecido no artigo 21.1 k) da Lei 7/1985, do 2 de abril, corresponden á Alcaldía o exercicio de accións xudiciais e administrativas e a resolución dos recursos de reposición que se poidan interpoñer contra as resolucións ditadas no uso das facultades delegadas.

 

C) Día e hora e celebración

O Pleno municipal, en sesión extraordinaria de data 2 de xullo de 2015, acordou que a Xunta de Goberno Local se reúna en sesión ordinaria unha vez por semana.

De conformidade co establecido no artigo 132.2 do Regulamento orgánico municipal, por Resolución da Alcaldía número 32/2017 de data 13 de xaneiro de 2017, o señor alcalde resolveu que as sesións ordinarias da Xunta de Goberno Local terán lugar os martes ás 08.15 horas, no despacho da Alcaldía da casa do Concello.

Concello de Cambre - Adro, 1 - 15660 Cambre (A Coruña)
Telf. 981 613 128 - Fax 981 675 969 - Email info@cambre.org

Mapa webAviso legal