Inicio » O noso Concello » Asociacións e participación cidadá

Asociacións e participación cidadá

Asociacions

Listado de asociacións

Cambre é un municipio destacado polo elevado nivel de compromiso e participación da súa cidadanía, o que se reflicte nun bo número de asociacións cuxa labor abrangue ámbitos moi diversos: cultura, deportes, mocidade, cooperación, muller, familia, maiores, etc. O Concello concede, con carácter anual, subvencións ás asociacións que así o solicitan para financiar as súas actividades no municipio.

Son diversas as canles legais para tomar parte na xestión dos asuntos públicos de xeito individual ou mediante unha asociación.

Neste espazo web correspóndenos explicar cales son esas vías e o fomento da participación dos veciños e das veciñas.

Como podo participar?

Formar parte dunha asociación veciñal, facer suxestións ou propostas, intervir nun Pleno do Concello, opinar sobre o deseño dunha praza nova, ser unha persoa voluntaria… son diferentes exemplos e formas de participación cidadá.

Esta participación pódese materializar:

–      Exercitando os nosos dereitos individuais e colectivos: dereito á información, dereito de petición e proposta, dereito de audiencia pública, dereito á iniciativa popular, dereito de intervención no Pleno da Corporación, dereito á consulta popular, dereito a servizos públicos de competencia municipal…

  A través dos órganos de participación: Consello xeral de participación cidadá e os consellos sectoriais.

  – A través doutras canles de participación: asociacionismo, voluntariado, opinión, suxestións…

Onde podo informarme?

No Pleno da Corporación, en sesión extraordinaria do 20 de maio de 2011, aprobouse por unanimidade o Regulamento Orgánico de Participación Cidadá.

O Regulamento Orgánico de Participación Cidadá rexe as formas, medios e procedementos de participación da veciñanza na xestión municipal. Este documento elaborouse a través dun proceso participativo no que traballaron diferentes asociacións municipais, axentes sociais, grupos políticos, e veciños e veciñas do Concello de Cambre.

Contacto

O servizo de Participación Cidadá ofrece información e asesoramento en calquera tema que poida afectar á Participación Cidadá e Asociacionismo. É posible acceder ao mesmo a través de distintos medios:

Consultas no teléfono 981654812

Consultas presenciais previa cita, acudindo ao departamento de Servizos Sociais na rúa Río Barcés nº 8 baixo – Urbanización A Barcala – 15660 – Cambre

Teléfono: 981654812         FAX: 981654813

Ou vía correo electrónico:

Para consultas sobre participación cidadá                  participacioncidada@cambre.org

Creación e xestión de asociacións                            participacioncidada@cambre.org

Creación e xestión de asociacións xuvenís                                      omix@cambre.org

Cesión e uso de locais municipais                                               cultura@cambre.org

Solicitar material audiovisual                                                informática@cambre.org