Inicio » O noso Concello » Concellerías » Concellería de Benestar Social

Concellería de Benestar Social

Concellería de Benestar Social

Os Servizos Sociais Municipais son o instrumento máis eficaz para garantir a atención das necesidades sociais de toda a poboación de Cambre e previr así que se produzan situacións de desigualdade entre os veciños e veciñas do municipio. A través deles, favorécese a participación, o libre desenvolvemento das persoas, a prevención e/ou atención inmediata ante situacións de necesidade, promovendo o desenvolvemento comunitario.

Desde esta área ofrécese un amplo abano de iniciativas co obxecto de mellorar as condicións de vida dos veciños e veciñas de Cambre e de axudar ás persoas que máis o precisan.

Para conseguilo, a concellería de Benestar Social conta cun equipo técnico profesional no ámbito social co que se busca chegar a toda a poboación de Cambre, e proporcionarlles información, orientación e asesoramento a todos os colectivos (maiores, novos, infancia, familia, mulleres, persoas con diversidade funcional, minorías étnicas, inmigrantes, etc.) . A todos eles ofrécenselles programas, actividades e accións cos que se pretende garantir unha calidade de vida sen excepción para todos os veciños e veciñas do concello.

Lúa Sanguiñedo Álvarez

Lúa Sanguiñedo Álvarez

lua.sanguinedo@cambre.org

Contacto:
Río Barcés 6 (A Barcala) Cambre
Tlf: 981 654 812
Fax: 981 654 813
ser_sociales@cambre.org

Atención ao público: Inverno de 8:30 a 14 h.