Inicio » Nuestro Concello » Concejalías – Delegaciones » Concellería de Deportes e Xuventude

Concellería de Deportes e Xuventude

Concellería de Deportes e Xuventude

A concellería de Cultura, Deportes e Xuventude encárgase de coordinar todas as actividades culturais e deportivas que se levan a cabo no concello ao longo de todo o ano, así como da xestión dos locais e instalacións municipais que se utilizan para levalas a cabo. Esta área é a responsable, así mesmo, da organización de actividades e eventos de dinamización da xuventude.

As liñas básicas de actuacións que se acometen desde esta concellería son as seguintes:

  • Posta en marcha dunha programación cultural periódica, estable, segmentada por grupos de idade, variada e plural nos distintos espazos culturais dos que dispón o termo municipal.
  • Organización e coordinación de exposicións culturais de xeito periódico, estable e segmentadas por grupos de idade, variadas e plurais nos distintos espazos culturais dos que dispón o termo municipal.
  • O mantemento destes espazos, a dotación de equipamento técnico e a posta en marcha de novas instalacións.
  • Coordinación da rede de bibliotecas municipal e organización de programas e actividades de animación que promovan a lectura.
  • Organización e coordinación de diferentes espectáculos públicos ao longo de todo o ano.
  • A organización das festas municipais e colaboración e asesoramento para a obtención da autorización municipal e o desenvolvemento das festas parroquiais.
  • Planificación, coordinación e supervisión constante de todas as actividades deportivas que se levan a cabo no concello de Cambre ao longo de todo o ano.
  • Posta en marcha das políticas e medidas necesarias para fomentar a práctica deportiva a todos os niveis e entre todos os rangos de idades.
  • Achegar as infraestruturas deportivas aos veciños e veciñas e poñelas á súa disposición e popularizar a práctica deportiva entre todos os cidadáns do municipio.
  • Coordinación e posta en marcha de cursos e escolas deportivas ao longo de todo o ano. Estas iniciativas desenvolveranse de xeito periódico e estable, e estarán segmentadas por nivel deportivo e por idade.
  • Relación e coordinación constante cos distintos clubs e asociacións deportivas para colaborar de xeito constante con eles e para organizar actividades conxuntas que redunden no beneficio de todos os veciños e veciñas do municipio.
  • Darlle información e asesoramento de xeito constante á xuventude.
  • Organización e coordinación de actividades de ocio e tempo libre para a xuventude.
  • Xestión da utilización de instalacións e equipamentos culturais e deportivos.
  • Apoio técnico para a realización de actividades e outros proxectos das asociacións xuvenís do concello. Asesoramento e axuda na constitución de asociacións xuvenís.
Daniel Mallo Castro

Daniel Mallo Castro

daniel.mallo@cambre.org

Contacto:
Río Barcés 7 bajo (A Barcala) Cambre
Tlf: 981 613 186
deportes@cambre.org

Atención ao público: Inverno de 9 a 14 h. Verán (15 xuño ao 15 setembro) de 9 a 13:30 h.

Deportes