Inicio » O noso Concello » Concellerías » Concellería de Desenvolvemento Asociativo

Concellería de Desenvolvemento Asociativo

Desenvolvemento Asociativo.

A concellería de Desenvolvemento Asociativo está englobada dentro da concellería de Presidencia, e ten como obxectivo primordial articular e incrementar a participación das diferentes entidades e asociacións de Cambre na vida colectiva do municipio. Desde esta concellería apóstase por involucrar a todas estas entidades e organismos no día a día do Concello de Cambre.

Baixo esta premisa, a concellería de Desenvolvemento Asociativo lévanse a cabo os seguintes labores:

  • Promoción de recursos e ferramentas para a posta en marcha de iniciativas e/ou proxectos que favorezan o desenvolvemento asociativo.
  • Actuacións de información, asesoramento e colaboración coas asociacións de colectivos do municipio.
  • Mantemento dos espazos municipais e dotación de equipamento técnicos, así como a posta en marcha de novas instalacións.
  • Posta en marcha de programas de dinamización social dirixidos a incrementar o asociacionismo.
  • Canalización e xestión de peticións, queixas, suxestións e informacións de colectivos e asociacións formuladas a servicios e/ou departamentos municipais.
  • Xestión do uso de locais polas asociacións veciñais e pola cidadanía.
María Carmen Pan Matos

María Carmen Pan Matos

carmen.pan@cambre.org

Contacto:
C/ Atrio s/n
Tlf: 981 613 190