Inicio » Nuestro Concello » Concejalías – Delegaciones » Concellería de Desenvolvemento Socioeconómico

Concellería de Desenvolvemento Socioeconómico

Concellería de Desenvolvemento Socioeconómico

A concellería de Desenvolvemento Socioeconómico busca promover a creación de emprego, fortalecer o tecido socioeconómico e o desenvolvemento do municipio. Así mesmo, esta área encárgase da revitalización das feiras municipais. Polo tanto, os labores que se desempeñan desde esta concellería son os que a continuación se especifican:

  • Xestión dos plans de formación, emprego, programas e proxectos de cooperación con organismos públicos que se veñen desenvolvendo ou que se poidan desenvolver.
  • Relacións cos axentes sociais, emprendemento e potenciación da vida económica local, fixación dos obxectivos e desenvolvemento de proxectos para a promoción de actividades económicas do concello que se veñen desenvolvendo ou que se poidan desenvolver.
  • Facilitar o acceso a un posto de traballo ós nosos veciños, a través da mellora na súa formación, a busca activa de emprego e o autoemprego.
  • Posta en marcha de medidas e iniciativas que sirvan para potenciar as feiras municipais.
  • Creación de novos itinerarios formativos para la cualificación profesional adaptados ás necesidades reais dos veciños e veciñas do municipio.
Diego Alcantarilla Rei

Diego Alcantarilla Rei

diego.alcantarilla@cambre.org

Contacto:
Rúa Wenceslao Fernandez Florez bajo (15660) Cambre
Tlf: 981 613 196
adl@cambre.org

Atención ao público: Inverno de 9 a 14 h. Verán (15 xuño ao 15 setembro) de 9 a 13:30 h.