Inicio » O noso Concello » Concellerías » Concellería de Economía, Facenda e RR.HH.

Concellería de Economía, Facenda e RR.HH.

Concellería de Economía, Facenda e Recursos Humanos

A concellería de Economía, Facenda e Recursos Humanos do Concello de Cambre encárgase de cuestións relacionadas coa xestión interna do concello vinculadas ás contas económicas e ao persoal que traballa para o Concello. Os labores que se levan a cabo desde esta área son os seguintes:

  • Elaboración e xestión dos orzamentos municipais.
  • Control e fiscalización interna da xestión económica, financeira e orzamentaria.
  • Contabilidade, Tesourería e Recadación.
  • Facenda local e inspección de Facenda.
  • Xestión e xeración de recursos.
  • Contratación local.
  • Central de compras.
  • Xestión do persoal do Concello, retribucións, premios e sancións, situacións administrativas, selección de persoal, provisión de postos de traballo, prevención de riscos laborais e todas aquelas materias competencia do alcalde susceptibles de delegación nesta área.
  • Organización e coordinación do funcionamento da administración municipal.
María Dolores Pan Lesta

María Dolores Pan Lesta

maria.pan@cambre.org

Contacto:
C/ Atrio s/n
Tlf: 981 613 190