Inicio » O noso Concello » Concellerías » Concellería de Educación e Sanidade

Concellería de Educación e Sanidade

Concellería de Educación e Sanidade

A área de Educación está enmarcada dentro da concellería de Educación, Medio Ambiente, Mobilidade e Sanidade. En materia educativa, Cambre dispón de institucións públicas e privadas que cobren as necesidades de todos os veciños: escolas unitarias, CEIPs (Centros de Educación Infantil e Primaria) e dos IES (Institutos de Educación Secundaria e Bacharelato), ademais de asociacións que dedican o seu esforzo a atender necesidades educativas dos seus asociados.

A competencia e responsabilidade do Concello en materia educativa é a do mantemento dos seus centros escolares públicos de Educación Infantil e Primaria, de forma que coa política de intervención municipal de mellora e de dotación de infraestruturas e equipamentos nos centros escolares consigamos ter nas mellores condicións posible as nosas escolas. Ademais, ofértase unha grande cantidade de programas educativos a todos os niveis para completar a formación dos nosos veciños en especial os que teñen idade escolar.

Os labores que se levan a cabo desde a área de Educación son os seguintes:

  • Vixilancia e cumprimento da escolaridade obrigatoria e cooperación coas administracións educativas na obtención dos terreos necesarios para a construción dos novos centros docentes. Así mesmo, vixilancia en materia de conservación e mantemento dos edificios de titularidade municipal destinados a centros públicos de educación infantil, de educación primaria ou de educación especial, dando conta aos concelleiros responsables da área de Servizos e Xuventude para os efectos oportunos.
  • Utilización dos equipamentos educativos, así como os programas e servizos que se veñen desenvolvendo ou que se poidan desenvolver a teor do establecido na Lei 5/2014, do 27 de maio, de medidas urxentes derivadas da entrada en vigor da Lei 27/2013, do 27 de decembro, de racionalización e sustentabilidade da Administración Local, no acordo da Comisión Bilateral de Cooperación Administrativa Xeral do Estado-Comunidade Autónoma de Galicia do 25 de febreiro de 2015 no artigo 7 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local.
  • Xestión de políticas de medio ambiente: educación ambiental, investigación e avaliación, voluntariado ambiental, posta en valor e defensa dos espazos naturais. Deseño, posta en marcha, apoio, promoción e divulgación de plans e accións de sensibilización e concienciación.

Polo outro lado, os labores que se levan a cabo desde a área de Sanidade son os seguintes:

  • No campo da sanidade os centros públicos de saúde, tendo en conta o establecido para tal efecto na Lei 27/2013, do 27 de decembro, de racionalización e sustentabilidade da Administración Local e Lei 5/2014, do 27 de maio, de medidas urxentes derivadas da entrada en vigor da Lei 27/2013, do 27 de decembro.
  • Colaboración coa Consellería de Sanidade para coordinar e trasladar posibles melloras nos centros médicos do municipio.
  • Posta en marcha de accións e iniciativas de sensibilización e concienciación para a mellora da saúde e da calidade de vida dos veciños e veciñas do municipio.
  • Mantemento dos centros de saúde sitos no termo municipal.
  • Posta en marcha de accións informativas e/ou de sensibilización para promover hábitos saudables entre os veciños e veciñas de Cambre.
Miguel Ángel Gutierrez Nieto

Miguel Ángel Gutierrez Nieto

miguelangel.gutierrez@cambre.org

Contacto:
Río Barcés 7 bajo (A Barcala) Cambre
Tlf: 981 613 291
educación@cambre.org

Atención ao público: Inverno de 9 a 14 h. Verán (15 xuño ao 15 setembro) de 9 a 13:30 h.