Inicio » O noso Concello » Concellerías » Concellería de Medio Ambiente e Mobilidade

Concellería de Medio Ambiente e Mobilidade

Medio Ambente e Mobilidade.

A área de Medio Ambiente e Mobilidade está enmarcada dentro da concellería de Educación, Medio Ambiente, Mobilidade e Sanidade. Esta área encárgase da xestión de políticas e proxectos vinculados con esta temática medioambiental e con asuntos de transporte e mobilidade no municipio.

Por un lado, desde Medio Ambiente lévanse a cabo as seguintes funcións:

  • Posta en marcha de iniciativas e actividades de educación ambiental, investigación e avaliación e voluntariado ambiental.
  • Posta en marcha de medidas que sirvan para promover o coidado do medio ambiente e dos espazos naturais do municipio.
  • Deseño e posta en marcha, apoio, promoción e divulgación de plans e accións de sensibilidade e concienciación sobre o coidado do medio ambiente.
  • Xestión de espazos naturais e da auga, entre outras temáticas.
  • Promoción da actuación municipal conxunta para conseguir un desenvolvemento sustentable.
  • Control da xestión de residuos urbanos.
  • Posta en marcha de plans de optimización de recursos naturais e eficiencia enerxética.
  • Posta en marcha de accións para o coidado e protección animal.

Por outro lado, desde Mobilidade lévanse a cabo as seguintes funcións:

  • Planificación en materia de mobilidade e accesibilidade urbanas.
  • Avaliación de medidas de desenvolvemento do Plan de Transporte de Galicia.
  • Control do transporte metropolitano e urbano.
Patricia María Parcero Quiñoy

Patricia María Parcero Quiñoy

medioambiente@cambre.org

Contacto:
C/ Atrio s/n
Tlf: 981 613 190 Ext. 149
698 177 121