Inicio » O noso Concello » Concellerías » Concellería de Seguridade Cidadá e Servizos

Concellería de Seguridade Cidadá e Servizos

Concellería de Servizos e Seguridade Cidadá

A área de Seguridade Cidadá está englobada dentro da concellería de Servizos e Seguridade Cidadá do Concello de Cambre. Este departamento marcouse como obxectivo fundamental seguir traballando para conseguir uns niveis excelentes de seguridade para toda a poboación, regular a situación de tráfico no termo municipal, resolver a problemática de aparcadoiro e procurar que os cidadáns e cidadás cumpran coas ordenanzas vixentes para lograr a mellor convivencia posible no concello. Neste senso, a seguridade en Cambre fundaméntase en tres piares fundamentais: a Policía Local, o Servizo de Emerxencias e Protección Civil e a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil. Polo tanto, desde a área de Seguridade Cidadá traballarase en estreita colaboración cos diferentes corpos de seguridade do municipio para cumprir os obxectivos anteriormente sinalados.

Polo outro lado, a área de Servizos leva a cabo funcións en materia de infraestruturas de competencia municipal, planificando as obras necesarias para o desenvolvemento e mantemento de infraestruturas públicas municipais (redes de saneamento, redes de abastecemento, rede viaria municipal, etc.), así como a xestión e control dos servizos municipais (limpeza viaria, alumeado público e zonas verdes, entre outros). Desde esta área colabórase, así mesmo, con outras, prestando asesoramento técnico (redacción de proxectos, valoración de ofertas e dirección de obras) e/ou facilitando os medios materiais e humanos necesarios.

Polo tanto, as tarefas que a concelleira de Servizos e Seguridade Cidadá realizará serán as seguintes:

  • Xestión, mantemento e conservación dos servizos básicos municipais: ciclo de auga, residuos urbanos, limpeza viaria, iluminación pública, vías públicas, etc.
  • Xestión, mantemento e conservación de parques e xardíns.
  • Inspección e control dos servizos públicos e infraestruturas.
  • Cemiterio e actividades funerarias.
  • Xestión da seguridade cidadá (Protección Civil e Policía Local).
  • Ordenación e regulación do tráfico, facendo compatible a seguridade dos peóns co estacionamento dos vehículos e cunha circulación fluída dos mesmos.
  • Estudo, redacción e proposta de ordenanzas en materia de competencias propias desta concellería.
Elisa Pestonit Barreiros

Elisa Pestonit Barreiros

elisapestonit@cambre.org

Contacto:
Rúa Wenceslao Fernandez Florez bajo (15660) Cambre
Tlf: 981 613 192

Atención ao público: Martes e Xoves de 10.00h a 12.00h