Inicio » O noso Concello » Concellerías » Concellería de Turismo e Patrimonio

Concellería de Turismo e Patrimonio

Turismo e Patrimonio.

A concellería de Turismo e Patrimonio está englobada dentro da concellería de Presidencia, e encárgase, con carácter xeral, da xestión do patrimonio municipal. É dicir, de todos os bens do Concello que conforman o seu patrimonio. Así mesmo, este departamento é o responsable da posta en marcha e da xestión de políticas e proxectos municipais que impulsen a actividade turística.

Polo tanto, desde Patrimonio desempéñanse os seguintes labores:

  • Xestión das políticas municipais en materia de promoción da actividade turística municipal.
  •  Xestión do Museo Arqueolóxico de Cambre.
  • Mantemento e conservación de edificios e instalacións municipais.
  • Xestión patrimonial: inventario de bens, dereitos e obrigas, administración e defensa do patrimonio municipal.
  • Reclamacións por danos causados nos bens integrantes do patrimonio municipal.
  • Responsabilidade patrimonial.

Por outro lado, as funcións que se desenvolven desde Turismo son as seguintes:

  • Planificar as actividades da concellería de Turismo nas vertentes de promoción e mellora do produto e dos recursos turísticos do municipio.
  • Coordinación con outros servizos municipais, administracións e empresas do sector turístico tanto para a actualización constante da información turística, como para a promoción de Cambre como destino turístico.
Ramón Boga Moscoso

Ramón Boga Moscoso

ramonboga@cambre.org

Contacto:
C/ Atrio s/n
Tlf: 981 613 128