Inicio » O noso Concello » Concellerías » Concellería de Urbanismo e obras

Concellería de Urbanismo e obras

Urbanismo e Obras

A área de Urbanismo está englobada dentro da concellería de Urbanismo e Obras do Concello de Cambre. Neste departamento lévanse a cabo todas as actuacións necesarias para a tramitación, instrución e execución dos procedementos e actos propios da materia urbanística.

Así, a área de Urbanismo do Concello de Cambre encárgase dos seguintes labores:

  • Xestión das competencias municipais sobre a ordenación do territorio e o urbanismo: plan xeral, xestión urbanística, intervención administrativa e disciplina urbanística.
  • Administración e posta en marcha das actividades e facultades relacionadas coa promoción e xestión da vivenda de protección pública. Para conseguilo, séguense criterios de sustentabilidade financeira.
  • Xestión catastral.
  • Outorgamento de licenzas de obras de edificación e uso do solo.
  • Actividades sometidas a licenza e comunicación previa das actividades.
  • Outorgamento de licenzas para a ocupación do dominio público, a excepción daquelas que impliquen permiso para a venda ambulante.
  • Obras e infraestruturas urbanas: planificación, xestión e control das obras no ámbito urbano.

Pola outra banda, como parte da mesma concellería, a área de Obras encárgase da realización de todas as obras municipais nos seus bens propios (infraestruturas e vías públicas). Polo tanto, as competencias deste departamento son as que a continuación se especifican:

  • Redacción e dirección técnica dos proxectos de obras en edificios e instalacións municipais. Vinculadas a infraestruturas, vías e edificios públicos.
  • Programación das obras e proxectos vinculados a infraestruturas, vías e edificios públicos.
  • Control, vixilancia e supervisión dos proxectos das obras vinculadas a infraestruturas, vías e edificios públicos que se realicen polas empresas contratadas.
  • Recepción e tramitación das propostas ou proxectos de obras vinculadas a infraestruturas, vías e edificios públicos que se formulen con respecto ás intervencións ou gastos de investimento en edificios e instalacións municipais.
  • Elaboración de estudos, inspeccións, informes e propostas sobre medidas concretas de actuación no mantemento dos edificios municipais.
  • Supervisión e seguimento das obras, controlando que as actuacións, as certificacións emitidas e os prazos se axusten ao contratado.
Juan González Leiros

Juan González Leiros

juanleiros@cambre.org

Contacto:
Atrio 1 Cambre
Tlf: 981 613 191
urbanismo@cambre.org

Oficina Técnica Urbanismo (Sección Planeamiento). Telf. 981 613 199 planeamiento@cambre.org

Atención ao Público: Inverno de 9 a 14 h. Veran (15 de xuño al 15 de setembro) de 9 a 13:30 h.