Programa de actos entorno ao entroido

Consiste nunha serie de celebracións do Entroido nas distintas parroquias e con distintos enfoques segundo os colectivos aos que se dirixen, así podémonos encontrar con festas xogos infantís, festas gastronómicas cos seus correspondentes concursos, bailes con ou sen disfraces, cántigas de Reis etc. Os protagonistas son os veciños e veciñas da parroquia, parece que o obxectivo é a convivencia cos máis próximos, e o punto de referencia é o entorno do local social/instalación deportiva da zona.

A festa infantil no polideportivo de Cambre é para xogar incluso con ou sen disfraz.

O punto final deste programa é a tradicional festa do Entroido Pequeno, o segundo sábado. Caracterizada polos tradicionais concursos de disfraces en distintas categorías, de comparsas que tanto canta, como escenifican un sketch de teatro ou unha coreografía de danza, o unha combinación de estas; e sobretodo o concurso de carrozas, que decoradas con todo detalle e moita imaxinación, especialmente no vestuario dos participantes, e sobretodo moita música, fan unha sátira ou recreación dalgún acontecemento público recente. Ca entrega de premios e unha pequena verbena popular finaliza o Entroido.