Rede de Bibliotecas

Rede de bibliotecas municipais do Concello de Cambre [Actualizado: 15/05/2020]

As Bibliotecas Municipais de Cambre (Os Templarios e Xabier P. Docampo) estarán abertas a partir do próximo 18 de maio para préstamo e devolución de fondos bibliográficos. Será preciso reservar cita previamente  mediante correo electrónico.

Condicións para a reapertura ao público das Bibliotecas Municipais do Concello de Cambre. Fase 1 Desescalada.

  • Protocolo sinalado será de obrigado cumprimento por parte dos usuarios que queiran facer uso das Bibliotecas Municipais, e será plenamente vinculante, sen prexuízo das normas que se publique por parte da autoridade competente durante o transcurso da pandemia.
  • Os préstamos pendentes de devolución entre o 17 de febreiro e o 13 de marzo (durante os quince días anteriores á entrada en vigor do Estado de alarma) quedan prorrogados ata o 11 de xuño, para evitar concentracións de persoas usuarias. Desta forma existirá unha ampla marxe para poder achegarse á biblioteca correspondente.
  • Para dirixirse a calquera das 2 bibliotecas municipais hai que reservar cita dirixíndose directamente a cada centro a través dos seguintes correos electrónicos: Biblioteca Municipal Os Templarios biblotecaostemplarios@cambre.org ( número de teléfono para info 981 66 14 58 ), Biblioteca Municipal Xabier P. Docampo bibliotecaxabierdc@cambre.org (número de teléfono para info 981 66 52 36).
  • Os usuarios solicitarán cita para asistir as bibliotecas municipais con 24 horas de antelación. Poderase establecer a petición ou reserva anticipada das obras. O Concello atenderá todas as peticións segundo a orde de chegada, e comunicarallo ao solicitante polo mesmo medio.
  • Dias de apertura e horario Biblioteca Municipal Xabier Docampo: de luns a venres, de 10:00 h. a 13:00 h e de 16:00h a 20:00 h.
  • Días de apertura e horario Biblioteca Os Templarios: de luns a venres, de 10:00 a 13:00 h e de 16:00 a 20:00 h. Sábados de 10:00h a 13:00 h. A sala infantil da Biblioteca Os Templarios abrirá os xoves pola mañá e todalas tardes.
  • Procedese á apertura das bibliotecas, para as actividades de préstamo e devolución de obras, así como para información bibliográfica e bibliotecaria.
  • Non poderán levar a cabo actividades culturais, actividades de estudo en sala ou de préstamo interbibliotecario, así como calquera outro servizo destinado ao público distinto dos mencionados no parágrafo anterior. Así mesmo, non se poderá facer uso dos computadores e medios informáticos das bibliotecas destinados para o uso público dos cidadáns, así como de catálogos de acceso público en liña ou catálogos en fichas da biblioteca.
  • As obras serán solicitadas polos usuarios e proporcionadas polo persoal da biblioteca. Unha vez consultadas, depositaranse nun lugar apartado e separadas entre si durante polo menos catorce días.
  • As coleccións en libre acceso permanecerán pechadas ao público. Soamente poderán acceder a elas no relativo a literatura infantil, acompañado polo persoal bibliotecario. As coleccións non se poderán tocar.
  • Recoméndase que os usuarios acudan sós ás bibliotecas.
  • Os menores de 14 anos só terán acceso cando estean acompañados por un adulto responsable.
  • Os usuarios virán provistos de máscaras desinfectarán as mans con xel hidroalcholico que haberá a entrada das bibliotecas.
  • Utilizarán a máscara sempre que sexa posible durante todo o tempo de circulación no interior da biblioteca
  • Manterán sempre unha distancia mínima interpersoal con todos os usuarios e traballadores de 2 metros
  • Os usuarios deberán seguir en todo momento as instrucións do persoal.

Debido ao cambio de ubicación, desde o 23 de decembro e ata a apertura das novas instalacións, que agardamos sexa en breve, a Biblioteca Central de Cambre permanecerá pechada.