Clubs de lectura de adultos

BREVE DESCRIPCIÓN DA ACTIVIDADE:

Trátase de favorecer o interés e a promoción da lectura dun xeito dinámico a través da creación dun grupo de lectores e lectoras que se reúne dúas veces ao mes en cada biblioteca para despois comentar e intercabiar impresións  sobre unha obra de lectura común.

As opinións dos membros do grupo enriquecen sempre a impresión inicial que cada un saca lendo en solitario. Desperta o sentido crítico á hora de ler.

CALENDARIO DE EXECUCIÓN:

Desenvólvese cada quince días, de outubro a xuño,  en dúas das Bibliotecas Municipais, a BM OsTemplarios e a BM Central, cun total dunhas 15 persoas por grupo.

DESTINATARIOS:

Público adulto e xoves adultos.