Colombofilia

Clube Colombófilo Mensaxeiras de Cambre

O Clube Colombófilo Mensaxeiras de Cambre fúndase no ano 1992 coa agrupación de varios  colombófilos locais e baixo a presidencia de Fernando De La Fuente Estraviz.

Dende os seus comezos este clube acadou o recoñecemento merecido grazas aos campionatos gañados polos seus socios, tanto no eido autonómico coma nacional.

Nos últimos anos foi recoñecido como “Mellor Clube Galego” pola Federación Colombófila Galega quedando segundo nesta categoría no ano 2010 e primeiro nos anos 2011 e 2012. Acadando este ano o  segundo posto.

Esta sociedade conta cun local de actividade cedido polo Concello de Cambre no lugar de Nebrixe, en Cecebre, onde cada xoves teñen lugar as xuntanzas dos seus socios.

Tlf: 679722809  Budiño

Local: Nebrixe 31  Bribes (A caron da discoteca El Bosque)