Inicio » O noso Concello » Concellerías – Departamentos » Concellería de Deportes » Programas » Programa de Escolas Deportivas Municipais

Programa de Escolas Deportivas Municipais

Programa de Escolas deportivas municipais.

Programa de exercicio físico que se realizan nas instalacións deportivas municipais e en centros deportivos. Ten como obxectivo principal fomentar a práctica deportiva entre o alumnado e que se axusten ás idades das modalidades respectivas, como complemento á súa actividade física.

Está dirixido a toda persoa empadroada no Concello de Cambre e que cumpran os requisitos de idade de cada modalidade deportiva ofertada, sempre e cando haxa prazas e por rigurosa orde de inscrición.

No mes de decembro ábrese o prazo de inscrición e se a actividade dispón de prazas baleiras pódense apuntar durante todo o ano. A preinscrición faráse nas oficinas do Concello o na Casa das Palmeiras.

Este programa comprende as actividades:

– Tenis, Ximnasia de mantemento, Pilates, Judo, Taichi