Inicio » O noso Concello » Concellerías – Departamentos » Concellería de Educación

Concellería de Educación

Concellería de Educación

A concellería de Educación intégrase na Área de Igualdade, Benestar Social, Sanidade e Educación do Concello de Cambre.

En materia educativa Cambre dispón de institucións públicas e privadas que cobren as necesidades de todos os veciños, falamos das Escolas Unitarias, dos CEIP (Centros de Educación Infantil e Primaria) e dos IES (Institutos de Educación Secundaria e Bacharelato), ademáis de asociacións que adican o seu esforzo a atender necesidades educativas dos seus asociados.

A competencia e responsabilidade do Concello en materia educativa é a do mantemento dos seus centros escolares públicos de Educación Infantil e Primaria, de forma que coa política de intervención municipal de mellora e de dotación de infraestructuras e equipamentos nos centros escolares consigamos ter nas mellores condicións posible as nosas escolas. Ademais, ofértanse unha grande cantidade de programas educativos a todos os niveis para completar a formación dos nosos veciños en especial os que teñen idade escolar.