Bandera de GaliciaBandera Española

Actividades Novas por E-mail Facebook Twitter Galerias

Casa da Cultura

Horarios:

De luns a venres de 10 a 14 e de 17 a 21 horas.

Sábado 10 a 14 horas.

O edificio

A edificación corresponde a un estilo ecléctico, inspirado nas vilas de fin de século de tradición francesa. Foi construída a finais do século XIX, e según se recolle no programa de análise e diagnose elaborado por unha empresa de estudios técnicos de restauración,  foi adquirida pola familia Fernández –López, para estancia veraniega e repouso dunha das súas fillas, Concepción, á quen se debe o nome da Vila.

O inmoble pertenceu á mesma familia dende a súa construción ata o ano 2003, e se ben non existen referencias ó proxecto orixinal, os descendentes recordan referencias a un arquitecto francés ou de influencia francesa. Nesta época traballou en Galicia o arquitecto Michel Pacewicz, facendo obras dun estilo similar, aínda que non temos constancia de que fora o autor do proxecto.

Existen uns planos da edificación que datan de 1948 e que se supoñen levantados polo arquitecto Joaquin Riveiro López, fillo de dona Concepción, onde se aprecia que na edificación non hai cambios significativos dende entón.

A finca orixinal tiña unha superficie de 5.292m2, ocupado pola vivenda e edificios anexos para cabaleirizas e cocheiras. Posteriormente construíronse unha piscina e unha pista de tenis. Actualmente e como consecuencia do acordo entre o anterior propietario e a nova promotora, a superficie da parcela quedou reducida a 1.162,55 m2, as edificacións auxiliares desapareceron e no seu lugar construíuse un edificio de vivendas. O xardín foi destruído, eliminándose as árbores centenarias e urbanizando a parcela cun tratamento urbano pouco adecuado.

Restauración

O proxecto tivo por obxecto reformar un edificio construído para uso residencial para adaptalo ó uso público de Casa da Cultura. As intervencións propostas teñen a intención de respectar o máximo o carácter do edificio orixinal, tanto nos seus sistemas construtivos e de acabados como na distribución dos seus espazos, garantindo á vez o cumprimento esixido pola normativa de aplicación para o novo uso.

Actualidade
 
A superficie de Vila Concepción supera os 600 metros cadrados e consta de tres plantas que albergarán as dependencias entre as que destaca a ludoteca, biblioteca, sala de lectura, sala de exposicións, sala de video, cafetería e un taller para actividades. O inmueble, que conta ademais con zonas verdes, está catalogado como edificio singular.


Concello de Cambre - Adro, 1 - 15660 Cambre (A Coruña)
Telf. 981 613 128 - Fax 981 675 969 - Email info@cambre.org

Mapa webAviso legal