Bandera de GaliciaBandera Española

Actividades Novas por E-mail Facebook Twitter Galerias

Igualdade, muller e familia

A concellería de Igualdade ten como obxectivos mellorar a situación das mulleres de Cambre en calquera ámbito da súa vida e contribuír á reducción da desigualdade existente entre as mulleres e os homes.

igualdade de oportunidades é fundamental para o desenvolvemento das nosas sociedades, debe ser un compromiso asumido e interiorizado no ámbito municipal, e require consenso e negociación, colaboración, veracidade e seguimento continuado dun plan de traballo prefixado, de aí o I Plan de Igualdade de oportunidades entre mulleres e homes aprobado en Pleno da Corporación por unanimidade.

Desde a concellería organízanse un conxunto de medidas de promoción da igualdade e de prevención da violencia de xénero, coas que se pretende combater as desigualdades entre as mulleres e os homes nos ámbitos económico, social, político,...;  Para iso, o entorno municipal presenta vantaxes importantes para establecer medidas de igualdade; a principal delas reside en que as institucións municipais están máis cerca dos cidadáns que ningunha outra institución, constitúen un espazo óptimo para coñecer as necesidades e os recursos da poboación, ademais é no ámbito municipal onde pode conseguirse con máis facilidade a participación e colaboración dos cidadáns e cidadás e das asociacións no deseño de medidas de igualdade, así como a súa posta en práctica e avaliación.

Existen hábitos culturais e educacionais demasiado arraigados que e necesario modificar profundamente. O feito de que permanezan intactas as estructuras sociais que dificultan, cando non impiden, a participación igualitaria das mulleres en todas as esferas da vida social ás que se desexan incorporar,  é un indicador de que a desigualdade existe no conxunto da sociedade en función do xénero.  Para modificar as estructuras nas que vivimos deberíamos contribuír a cambiar as mentalidades e actitudes. Para elo os cambios teñen que ser profundos a nosa actitude debe ser, pois, diferente. Hai que ir ás causas, á explicación da razón da discriminación.

É aquí onde o local ten moito que facer para que o cambio sexa efectivo, onde se pode desenvolver a igualdade de oportunidades incorporando a perspectiva de xénero dunha forma máis directa e máis próxima á cidadanía para chegar a este cambio; os concellos podemos e debemos ser un modelo para a sociedade.

 

-          Plan de Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes do Concello de Cambre 2011 - 2015

Concelleira

 

María Jesús Gómez González

mariajesusgomez@cambre.org

 

 

Contactar:
Río Barcés 8 (A Barcala) Cambre
Tlf: 981 654 812
ser_sociales@cambre.org  

Atención ao público:
Inverno de 8:30 a 14 h.

 

Concello de Cambre - Adro, 1 - 15660 Cambre (A Coruña)
Telf. 981 613 128 - Fax 981 675 969 - Email info@cambre.org

Mapa webAviso legal