Bandera de GaliciaBandera Española

Actividades Novas por E-mail Facebook Twitter Galerias

Atención a vítimas de violencia de xénero: departamento de servizos sociais

Servizo de información, acompañamento e asesoramento para vítimas de violencia de xénero. Máis información chamar ao teléfono 981654812 ou remitir email a violenciadexenero@cambre.org

Teléfono de Atención a las víctimas: 016

¿Qué é o teléfono 016?

O Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade, por medio da Delegación do Goberno para a Violencia de Xénero, presta o Servizo telefónico de información e de asesoramento xurídico en materia de violencia de xénero, a través do número telefónico de marcación abreviada 016.

 
 Servizos ofrecidos:

  • Atención gratuita e profesional
  • Atención as 24 horas do día os 365 días do ano
  • Atención consultas procedentes de todo o territorio
  • Derivación de chamadas de emerxencia ao 112
  • Coordinación de servizos similares das Comunidades Autónomas
  • Información as mulleres víctimas de violencia de xénero e o seu entorno sobre qué facer en caso de maltrato
  • Información sobre recursos e dereitos das víctimas en materia de emprego, servicios sociais, axudas económicas, recursos de información, de asistencia e de acollida para víctimas de este tipo de violencia
  • Asesoramiento xurídico
  • Atención en 51 idiomas
  • Derivación de chamadas realizadas por menores de idade ó Teléfono ANAR de Axuda a Nenos e Adolescentes: 900202010
  • Derivación de chamadas relacionadas coa trata de mulleres e nenas con fins de explotación sexual o teléfono do Ministerio do Interior: 900105090

As persoas con discapacidade auditiva e/ ou da fala poden comunicarse co 016 a través dos seguintes medios:

  • Teléfono de texto ( DTS ) a través do número 900 116 016
  • Servicio Telesor a través da propia páxina web de Telesor. Neste caso precisase conexión a Internet. https://www.telesor.es 
  • Teléfono móvil ou PDA. En ambos casos necesitase instalar unha aplicación gratuita seguindo os pasos que se indican na páxina web de Telesor. https://www.telesor.es

A chamada ao 016 non deixa rastro na factura.

Concello de Cambre - Adro, 1 - 15660 Cambre (A Coruña)
Telf. 981 613 128 - Fax 981 675 969 - Email info@cambre.org

Mapa webAviso legal