Bandera de GaliciaBandera Española

Actividades Novas por E-mail Facebook Twitter Galerias

OMIX

OMIX é un acrónimo de Oficina Municipal de Información Xuvenil. É un servizo creado no ano 1996 e que nace vinculado ao departamento de Cultura anque a partir do ano 1999 conta con departamento (Xuventude) e persoal propio.

FINALIDADE, OBXECTIVOS

A finalidade principal da OMIX é converterse nun referente para a mocidade e canalizar todalas ideas e suxestións da población xuvenil. Queremos ser váilido entre a xuventude e a Administración.

Asi, entre os nosos obxectivos estaría o ser de utilidade a toda á xuventude do municipio, tanto a nivel de información (de calquera tipo) como de programas e actividades. A OMIX informa e asesora a tódolos mozos-as que o demanden, polo que, practicamente, non hai pregunta que non obteña resposta. Este servicio tamén ofrece apoio técnico para a realización de actividades e outros proxectos das asociacións xuvenís do concello. Asesoramos e axudamos na constitución de asociacións xuvenís. Interesanos o que interesa á mocidade.

ACTIVIDADE

-    labores de información segundo demanada dos usuarios

-    difusión dos programas subvenís

-    inscricións das actividades propias

-    recollida de inquedanzas, ideas e suxestións dos usuarios

-    asesoramento ás AAXX

-    elaboración de carnés (tarxetOM, carné Xove)

-    outros

As actividades e tarefas principias da OMIX son as labores de información e difusión de programas e actividades.  Tamén a elaboración do Tarxetom  (ou carné da omix) e do Carné Xove.

Ademais a OMIX quere ser o centro dinamizador das ideas e iniciativas xuvenís, actuando coma ferramenta para o desenvolvemento da xuventude; recollelas inquedanzas e darlles forma, para que os desexos e soños dos mozos-as sexan realidade. Axudar á progresión da persoa a traverso do ocio e o tempo libre feito por vós mesmos pero coa axuda e asesoramento de técnicos xuvenís.

¡As túas propostas interésanos!

DESTINATARIOS PRINCIPAIS

Ainda que traballa coa mocidade (fundamentalmente de 12 a 30 anos) tamén faino coa xente relacionada con eles (nais, pais, mestres, educadores, familiares…)

Concelleira:
Ramon Boga Moscoso
ramonboga@cambre.org

 

 

 

 

Contactar:

Situación: Detrás da casa do concello.

Horario: de luns a venres

-    inverno (de outubro a xuño): 10 a 14 horas/ de 18 a 20 horas

-    verán (xullo e setembro, agosto pechado): 10 a 14 horas

Correos electrónicos: omix@cambre.org / infoxuvenil@cambre.org

Teléfono: 981.613170

Concello de Cambre - Adro, 1 - 15660 Cambre (A Coruña)
Telf. 981 613 128 - Fax 981 675 969 - Email info@cambre.org

Mapa webAviso legal