Inicio » O noso Concello » Concellerías – Departamentos » OMIX » Casa da Xuventude

Casa da Xuventude

FINALIDADE, OBXECTIVOS

Crear un espazo que serva de punto de encontro da toda a xuventude do concello, en xeral, e da mocidade do temple e A barcala en particular.

ACTIVIDADE

A casa ten varios espazos; na planta baixa hai un Punto de Información Xuvenil e mais uns ordenadores de acceso libre. Na planta superior hai un espazo que serve tanto para a realización de actividades (obradoiros, cursos, xuntanzas, etc…) como para punto de encontro ou de xogos (futbolín, pin-pon, etc..) dos rapaces.

DESTINATARIOS  PRINCIPAIS

Mocidade, a partir dos 12 anos