Bandera de GaliciaBandera Española

Actividades Novas por E-mail Facebook Twitter Galerias

Locais de Ensaio

Os locais de ensaio situados na Barcala están a disposición dos grupos de música do concello. Contan con tres salas completamente insonorizadas, unha delas equipada con material musical para que os grupos non teñan que cargar cos seus equipos ata A Barcala. En 2013 leváronse a cabo as obras de acondicionamiento que se refiren ao novo sistema de control de accesos, que permite maior liberdade nos usos horarios da instalación, combinado cun sistema de video vixilancia e ademais levaranse a cabo diversos traballos de obra menor para optimizar os accesos aos locais.

O concello aprobou en 2013 a normativa do uso dos locais e que fundamentalmente establece os requisitos para gozar deste espazo público. O uso destes locais é gratuito para os empadronados no municipio e para poder acceder a eles é necesario inscribirse na OMIX para facerse co dispositivo electrónico que permite o acceso á instalación.

Concello de Cambre - Adro, 1 - 15660 Cambre (A Coruña)
Telf. 981 613 128 - Fax 981 675 969 - Email info@cambre.org

Mapa webAviso legal