Bandera de GaliciaBandera Española

Actividades Novas por E-mail Facebook Twitter Galerias

Competencias e Funcións

O Concello de Cambre por ter máis de 20.000 habitantes, ten as seguintes competencias en materia de protección civil e xestión de emerxencias:

- crear o servizo municipal de protección civil e xestión de emerxencias.

- crear o servizo de prevención, extinción de incendios e salvamento consonte o establecido na lexislación de réxime local e de protección civil.

- elaborar e aprobar o plan de emerxencia municipal, os plans de actuación municipais e, en xeral, calquera outro instrumento de planificación de protección civil no ámbito municipal.

- colaborar na recollida e na transmisión á Axencia Galega de Emerxencias de datos e información relevantes para a protección civil.

- elaborar os inventarios de riscos e o catálogo de recursos municipais en situacións de emerxencia.

- por a disposición da autoridade que exerza as funcións de dirección e coordinación de cada emerxencia os medios e os recursos disponibles da súa titularidade que figuren nos plans correspondentes ou que lles fosen requiridos.

- fomentar os programas municipais de previsión e prevención, coa promoción de campañas e programas de sensibilización á poboación, a divulgación dos medios de autoprotección e a realización de prácticas e simulacros de protección civil.

- promover, en colaboración coa Xunta de Galicia, a organización e funcionamento da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil (AVPC).

As tarefas deste Servizo Municipal, van encamiñadas en maior medida, á PREVENCIÓN E INTERVENCIÓN e en menor medida á PREVISIÓN e PLANIFICACIÓN.

1.- Tarefas de previsión.

Imprica o estudio dos riscos que poidan afectar ao municipio, os efectos destes riscos, así como o territorio e os elementos que poidan verse afectados:

a) Consulta da previsión meteorolóxica e alertas activadas.

b) Identificar zonas con risco de: xeadas, anegamentos, inundacións e temporais no municipio de Cambre.

2.- Tarefas de prevención.

Corresponden á implantación do conxunto de medidas e actuacións encamiñadas á evitar ou diminui-las situacións de risco:

a) Colaboración e participación na elaboración do Plan de Emerxencia Municipal, e Plans de actuacións municipais, e en xeral, calquera outro instrumento de planificación de protección civil no ámbito municipal.

b) Participar na elaboración da normativa local en materia de emerxencias e protección civil.

c) Elaborar propostas para a firma de convenios que melloren as prestacións do servizo.

d) Firma do convenio coa Consellería do Medio Rural para a participación na prevención e defensa contra os incendios forestais mediante a actuación de 2 camións motobomba.

e) Elaborar propostas para corrixir deficiencias observadas que podan supoñer un risco evidente. 

f)  Control e revisión do funcionamento da estación de Bombeo en O Caneiro.

g) Botar sal en estradas municipais con risco de xeada.

h) Control do paso de peóns nas entradas e saídas dos Centros Escolares.

i) Asistir e colaborar con motivo de actos ou eventos que supoñan un risco importante para as persoas e/ou bens.

j) Convocatoria de cursos de formación para o persoal do servizo profesional e voluntario.

k) Proposta de cursos de formación a través de entidades públicas e privadas.

l) Manexo e mantemento de maquinaria, ferramenta e útiles empregados no servizo.

m) Conducción e mantemento de vehículos do servizo (carnet obrigatorio BTP)

n) Inventario de material e existencias

o) Realizar manobras ou exercicios prácticos no parque.

3.- Tarefas de planificación.

Coa consciencia de que aínda que se plasme nun documento, debe ser unha ferramenta organizativa que predetermine as actuacións e procedementos para dar unha resposta ante situacións de risco colectivo e situacións de emerxencia. Estas tarefas continúan indefinidamente no sentido de ter que implantar o previsto nos plans e manter permanentemente a súa eficacia.

a) Elaborar, implantar, manter e revisar o Pemu. Actualmente estase á espera que polo gobernó municipal se defina a estructura organizativa, antes de envíalo á Xunta de Galicia.

b) Elaborar, implantar, manter e revisar os Plans específicos doutros riscos que afecten ao municipio e que non estean previstos nos plans especiais da comunidade autónoma.

c) Colaborar e apoiar na elaboración dos plans de autoprotección dos Centros Escolares. Estase pendente anualmente da revisión dos Plans dos Ceips: Emilio González López, Wenceslao Fdez. Florez, Portofaro e Graxal. Pendente asesoramento para a redacción do Plan no Ceip de Gonzalo Torrente Ballester.

d) Coordinar e participar na realización de exercicios e simulacros relativos aos plans de protección civil municipal.

e) Elaborar e manter actualizado o catálogo de medios e recursos mobilizables.

f) Elaborar e manter actualizado o catálogo da red de hidrantes municipais.

g) Velar pola correcta funcionalidade e o correcto mantemento das infraestructuras asociadas aos plans.

4.- Tarefas de intervención.

Corresponden á actuación inicial en sinistros para protexer ás persoas, bens e ambiente, na forma máis rápida e segura posible, actuando baixo as ordes do seu superior inmediato. Cando os medios municipais non son suficientes, actúase en coordinación co Parque Comarcal de extinción de incendios e salvamento de Arteixo. 

a) accidentes en estrada con e sin feridos

b) incendios urbanos e forestais

c) vertidos en estrada (árbores, pedras, terra, aceites …)

d) vertidos por escape de gas

e) anegamentos en estrada e vivendas

f) retirada de elementos urbanos con risco

g) persoa en situación difícil

h) accidentes laborais con rescate

i) busca e rescate de persoas desaparecidas

Concello de Cambre - Adro, 1 - 15660 Cambre (A Coruña)
Telf. 981 613 128 - Fax 981 675 969 - Email info@cambre.org

Mapa webAviso legal