Bandera de GaliciaBandera Española

Actividades Novas por E-mail Facebook Twitter Galerias

Rede de bibliotecas municipais do Concello de Cambre

“Un libro sempre comigo”

Préstamos

Ata un máximo de 5 documentos por carné, limitado a:

  • 2 libros da sección adultos, durante 15 días.
  • 3 libros da sección infantil, durante 15 días.
  • 1 material audiovisual, durante 7 días.
  • 1 publicación periódica, durante 7 días.
  • 1 dispositivo de lectura móbil (maiores de 16 anos), durante 15 días. Para o préstamo destes dispositivos cómpre asinar as correspondentes normas específicas.

As publicacións periódicas prestables son as anteriores ás últimas recibidas.

Todo é renovable polo tempo equivalente, se non hai lista de espera, agás as publicacións periódicas que non se renovan.

 

Documentos non prestables

Os xornais e determinadas revistas ou ooutro tipo de publicación periódica, dicionarios, diccionarios enciclopédicos, Atlas, libros de arte, así como todos aqueles libros de consulta que formen parte dunha colección. Ademais, todos aqueles que por outros motivos a biblioteca considere documentos non prestables.

 

Renovacións

Máximo 2 renovacións por documento, sempre que non estea nas listas de espera.

 

Reservas:

Faranse na propia biblioteca, na páxina web ou por teléfono. O prazo para recoller as reservas é de 2 días dende que é avisado o/a usuario/a.

 

Infraccións e sancións (Ordenanza, art. 25 a 28)

Os días de demora sancionaranse co non dereito a préstamo por un tempo igual á demora.
No caso de perda ou deterioro dun documento, haberá de ser reposto por outro igual.

 

Podes consultar online o catálogo de libros no seguinte enlace: www.opacmeiga.rbgalicia.org

Pulsando aquí tes un manual para facer a búsqueda

 

Carné de lector/a

É gratuito e válido para as tres bibliotecas.

Cómo conseguilo?

  • Só cómpre cumprimentar unha solicitude onde figuran os datos persoais, e presentar o DNI.
  • Os menores de 16 anos deberán ser autorizados por unha persoa adulta (nai, pai, titor, titora).
  • Os cambios nos datos persoais haberán de ser comunicados á biblioteca.
  • O carné só se cambiará no caso de deterioro ou perda, neste último caso haberá de cumprimentarse unha nova solicitude.

Para qué serve?:

  • Para acceder ao servizo de préstamo.
  • Permite o uso gratuito das terminais informáticas (1 h. 30´ ao día).
  • Para formar parte dos Clubs de lectura.
  • Para asistir a todas as actividades programadas fóra do horario escolar.

Concello de Cambre - Adro, 1 - 15660 Cambre (A Coruña)
Telf. 981 613 128 - Fax 981 675 969 - Email info@cambre.org

Mapa webAviso legal