Bandera de GaliciaBandera Española

Actividades Novas por E-mail Facebook Twitter Galerias

Rede de bibliotecas municipais do Concello de Cambre

“Un libro sempre comigo”

Programas

Os programas máis salientables da Rede de Bibliotecas Municipais do Concello de Cambre son os seguintes:

PROGRAMACIÓN PARA PRELECTORES E PRIMEIROS LECTORES:
PROGRAMA “CONTA CONTA NAS BIBLIOTECAS MUNICIPAIS DE CAMBRE”

Esta programación abarca tres actividades:

Para acudir ás sesións do Moucho Leroucho necesitarás unha invitación, que recollerás nas bibliotecas municipais ou reservarás por teléfono.
Na Biblioteca Os Templarios tamén precisarás invitación para as sesións de Paula Carballeira.

PROGRAMACIÓN PARA VARIAS IDADES LECTORAS:
OUTRAS ACTIVIDADES ARREDOR DO LIBRO E A LECTURA

Metodoloxía

En todas as nosas actividades procuramos una metodoloxía activa e participativa, conducida, directa ou indirectamente, pola nosa mascota, O MOUCHO LEROUCHO, que logra contaxiar o gusto polo libro  e a lectura.

Pretendemos un achegamento ao libro de forma lúdica e suxerente, sen esquecernos de que o noso primeiro obxetivo é a lectura, o contacto co  libro, non a diversión, pero se ler nos divirte, mellor. Tratamos de formar así, novos e mellores lectores, e ter o libro como un amigo que nos puede transportar a mundos marabillosos ou ensinarnos todo aquilo que desexemos aprender, se o levamos nas nosas vidas, Así cumpriremos co noso lema: “UN LIBRO SEMPRE COMIGO”, que é tamén o lema do noso Moucho Leroucho.

Premios

Co Moucho Leroucho temos conseguido durante catorce anos consecutivos o Premio de 200 libros nas Campañas de Animación á Lectura do Ministerio de Cultura, a FEMP e a Fundación Coca-Cola, para Bibliotecas de concellos de ata 50.000 habitantes.

Na V Campaña, en 2002, acadamos o Terceiro Premio, dotado con  seis mil euros ademais do lote de libros.

O público lector e estes recoñecementos serven para  que O MOUCHO LEROUCHO continúe sendo, despois de dezanove años, un referente da animación á lectura no noso municipio.

Actividades das Bibliotecas Municipais

Concello de Cambre - Adro, 1 - 15660 Cambre (A Coruña)
Telf. 981 613 128 - Fax 981 675 969 - Email info@cambre.org

Mapa webAviso legal