Bandera de GaliciaBandera Española

Actividades Novas por E-mail Facebook Twitter Galerias

Rede de bibliotecas municipais do Concello de Cambre

“Un libro sempre comigo”

O Moucho Leroucho

Personaxe mascota das Bibliotecas Municipais de Cambre, creado en 1994. Comprende as actividades desenvolvidas nas bibliotecas e as levadas a cabo nas aulas de Educación Infantil e 1º curso de Educación Primaria de todos os Centros de Ensino Público de Cambre.

BREVE DESCRIPCIÓN DA ACTIVIDADE:
Contacontos, teatro, textos dramatizados, oralidade... Ten sempre presente o libro como punto de partida.
Posúe dúas vertientes:
O MOUCHO LEROUCHO NAS BIBLIOTECAS MUNICIPAIS
O MOUCHO LEROUCHO NAS ESCOLAS

CALENDARIO DE EXECUCIÓN:
Abarca de outubro a maio. Sesións de carácter especial, en abril e maio, coincidendo co mes dos Libros e co mes das Letras Galegas. Ademais hai 3 sesións especiais, unha en cada Biblioteca, a finais de maio, “A Festa dos Contos”, como remate de cada tempada de programación.

DESTINATARIOS:
As actividades que realizamos con este personaxe van dirixidas aos prelectores e aos primeiros anos de Educación Primaria.
-Nas bibliotecas, o ámbito territorial é aberto. Ademais de residentes en Cambre, acuden de municipios limítrofes. Con adultos acompañantes.
-As visitas aos colexios para as sesións de O Moucho nas escolas, van dirixidas a todos os alumnos e alumnas de Educación Infantil e 1º curso de E. Primaria dos Centros de Ensino público de Cambre, divididos en 19 grupos.

Concello de Cambre - Adro, 1 - 15660 Cambre (A Coruña)
Telf. 981 613 128 - Fax 981 675 969 - Email info@cambre.org

Mapa webAviso legal