Bandera de GaliciaBandera Española

Actividades Novas por E-mail Facebook Twitter Galerias

Policía Local. Preguntas Frecuentes.

Denuncias de Tráfico Municipais

- Pago da multa con reducción do 50%:
Dispón dun prazo de 20 días naturais seguintes á data de notificación da denuncia para efectuar o pago coa redución do 50% do importe da sanción da multa. Iso implica ( art. 80 LSV) a terminación do procedemento o día en que se realice o pago, a renuncia a formular alegacións ou recurso de reposición e a firmeza da sanción en vía administrativa desde o momento do pago, producindo plenos efectos dende o día seguinte.
- Alegacions:
Pode presentar alegacións ou proposición de proba na Unidade de Instrución de Sancións Municipais de Tráfico na Deputación Provincial da Coruña, con domicilio na C/ Archer Milton Huntington nº 17- 15071 A Coruña, PRAZO: 20 días naturais, citando sempre o nº de boletín.
> Documento para Recursos de Sanción Municipal de Tráfico.
- Pago:
Obtención do documento de ingreso: atención.tributaria@dicoruna.es ou no telefono 900132204.
- Puntos:
Os puntos indicados na notificación da denuncia detraeranse pola DXT do permiso ou licenza de conducir cando a sanción sexa fime.

Web da Dirección General de Tráfico: www.dgt.es

Reservas de espazo na vía pública para estacionamentos de vehículos de carácter temporal

Reservas de espazo na vía pública para estacionamentos de vehículos de carácter temporal (mudanzas, carga e descarga, montaxe de estruturas, realización de obras etc).

- Solicitude remitida ao ayto. no que se faga constar lugar, data e metros ocupados.

- Ingreso da tasa por metros cuadrados ocupados.

> Solicitude de Ocupación da Via Pública (PDF).

ORDENANZA FISCAL Nº 12.
Ordenanza Fiscal Reguladora da Taxa por Entrada de Vehículos a través das Beirarrúas e as Reservas de Vía Pública para Aparcamento, Carga e Descarga de Mercancía de calquera clase
- Ver ordenanza (PDF ).

Solicitude de informes / atestados instruidos por accidente de tráfico

- Solicitude remitida ao concello solicitando o informe/ atestado, facendo constar a data do sinistro, matricula/as dos implicados, lugar dos feitos.

- Ingreso da tasa (50 €).

Solicitude de informes elaborados pola policía local a instancia de particulares

- Solicitude remitida ao concello
- Ingreso da tasa (10 €).

Tarxetas de armas

- Solicitude remitida al concello
- Fotocopia del DNI
- Fotocopia factura do arma
- Guía do arma
- Xustificante abono tasa (12 €)

- Certificado de Penais

ORDENANZA FISCAL Nº 6.
Ordenanza Fiscal Reguladora da Taxa por Expedición de Documentos Administrativos
- Ver ordenanza (PDF ).

Licenza para os posuidores de animais potencialmente perigosos

- Solicitude al concello.
- Fotocopia DNI e foto tamaño carnet
- Certificado de penais
- Certificado polo que se fai constar que non existen sancións  por infraccions graves o moi graves á Ley 50/99  Ley sobre reximen xurídico sobre a tenencia de animais potencialmente perigosos, expedido pola Xunta
- Certificado de capacidade física e aptitude psicoloxica ( psicotecnico)
- Xustificante suscripción seguro responsabilidade civil para cada animal, cobertura mínima 125.000€
- Xustificante de abonar a tasa (9 €)

> Tasa expedición certificado de antecedentes por infraccións administrativas á lei 50/1999, do 23 de decembro

> Solicitude de Expedición de Licencia.

> Certificado Antecedentes Penais

Rexistro de animais potencialmente perigosos

Copia da licenza de tenencia de animais perigosos ( no caso de obterse noutro concello diferente)
- Xustificante suscripción do seguro responsabilidade civil para cada animal, cobertura mínima 125.000 euros.
- Documento acreditativo de implantación de microchip asinado polo veterinario ( tarxeta ou cartilla sanitaria)
- Xustificante de abono da taxa (4 ?)

> Solicitude de inscrición dun animal.

ORDENANZA FISCAL Nº 19.
Ordenanza Fiscal reguladora da Taxa pola Tenencia de Animais de Compañía e Animais Potencialmente Perigosos
- Ver ordenanza (PDF ).

Cambio de domicilio na DGT dos permisos de conducción e circulación

Os expedientes poderán ser presentados no concello, unicamente polos titulares, son os seguintes:

- No rexistro de CONDUTORES da DGT ( a efectos de notificación sobre trámites relativos ao permiso de conducir)

- No rexistro de VEHICULOS da DGT, a efectos do imposto municipal de circulación, xa que o domicilio do vehículo determina o concello no que se deberá pagar cada ano o imposto de vehículos de tracción mecanica ( IVTM).

Estes dous tramites son gratuitos para o cidadán, que poderá realizar un ou os dous, tachando o cadro ou cadros correspondente á solicitude.

Solicitude cambio de domicilio (PDF).

Información sobre DNI

Para solicitar Cita Previa chamar ao telefono 902 247 364 ou a través da páxina web do Ministerio do Interior.


Nalgunhas datas sen determinar a unidade movil do DNI vén ao concello para realizar renovación, datas que se comunican a través da web do concello.

Saída de menores ao extranxeiro

Para aqueles casos que viaxen sin os seus pais ou representantes legais.

Permiso para saída de menores ó extranxeiro.

Poden solicitalo no Posto da Guardia Civil de Cambre, teléfono 981 654 730.

Servizo da ITV

Cita previa tfno 902 309 000

Estacións ITV.

Permisos de queimas

Tfno para concesión do permiso 012

Animal abandoado

Enténdese que un animal está abandonado se circula polas vías ou espazos públicos sen ningún aceno pola que se poida identificar ao seu propietario ou posuidor e non vai acompañado por ningunha persoa.

O animal abandoado será recolleito polos servizos municipais que o trasladarán a un establecemento adecuado ata que o reclamen ou acollan. http://consorcio.laceriaservigal.es/

Máis información sobre animais e mascotas.

Servizo de grúa

O servizo de grúa para a retirada de vehiculos da vía pública préstao a empresa Aparki, S.A. e o depósito de vehículos está ubicado a rúa Poligono nº 33, O Temple, Cambre.

Tfno 649 852 961.

Concello de Cambre - Adro, 1 - 15660 Cambre (A Coruña)
Telf. 981 613 128 - Fax 981 675 969 - Email info@cambre.org

Mapa webAviso legal