Bandera de GaliciaBandera Española

Actividades Novas por E-mail Facebook Twitter Galerias

Protección Civil

A protección civil municipal debe orientarse á prevención de situacións de grave risco ou catástrofe e á protección e socorro de persoas e bens, no caso de que se produzan esas situacións.

Nesta liña traballa o Concello de Cambre, potenciando o Servizo Municipal de Emerxencias e Protección Civil, que desde o ano 2004 con persoal profesional, encamíñase cara a un servizo integral cuxo obxectivo é conseguir unha xestión municipal da protección civil e unha primeira actuación o máis eficaz posible e solidaria nas emerxencias, onde a prevención, a coordinación e a cooperación son elementos craves.

Co obxecto de responder con maior eficacia á seguridade dos nosos  veciños/as de Cambre, o servizo municipal debe estar en permanente evolución, procurando a mellora en canto a dotación de recursos humanos, formación, vehículos e medios materiais.

É importante lograr unha boa coordinación dos recursos municipais, de face a que os nosos mecanismos de resposta sexan operativos e eficaces fronte a calquera situación de emerxencia que se produza.

Así mesmo, impúlsase a coordinación  e colaboración tanto con administracións  locais próximas como coa Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, atendendo aos criterios de eficiencia, optimización de medios e economía acorde aos tempos actuais.

Todos os cidadáns deben implicarse na protección civil dalgunha maneira, e unha delas é participar a través da Agrupación de Voluntarios desde a cal desempeñan unha importantísima labor na prevención e auxilio ademais de colaborar en iniciativas solidarias, tan necesarias hoxe día.

Trátase en definitiva de conseguir que Cambre sexa cada vez un municipio máis seguro, froito do traballo nos campos da prevención, concienciación cidadá, e actuación nos sinistros do día a día.

 

Os Campons
(xunto ao IES DAVID BUJAN)

Tlf: 981 675 589      
Fax: 981 651 830
proteccioncivil@cambre.org

Concello de Cambre - Adro, 1 - 15660 Cambre (A Coruña)
Telf. 981 613 128 - Fax 981 675 969 - Email info@cambre.org

Mapa webAviso legal