Bandera de GaliciaBandera Española

Actividades Novas por E-mail Facebook Twitter Galerias

Incendios no fogar

PREVENCIÓN:

  •     Evite almacenar combustibles innecesarios (pinturas, mobles?)
  •     Non aproxime estufas e braseiros a cortinas, camas, mobles.
  •     Non coloque pezas sobre radiadores eléctricos.
  •     Non fume en cama e menos aínda cando manipule produtos inflamables.
  •     Apague ben as cabichas mollándoas.
  •     Manteña limpa a campá extractora.
  •     Non sobrecargue enchufes nin realice unións improvisadas.
  •     Peche a chave de paso do gas cando saia de casa e de noite.


ACTUACIÓN:

  •     Se descobre un incendio pequeno, procure apagalo se é posible. En caso contrario chame inmediatamente ao 112.
  •     Se non hai fume na escaleira, Non use o ascensor e baixe pegado á parede.
  •     Se hai fume e está atrapado, peche portas e xanelas, coloque trapos húmidos nas rendixas e fágase ver pola xanela.
  •     Se hai fume, avance agachado e protexa o seu nariz e boca cun pano.
  •     Se arde un sólido (madeira, cartón?) tente apagalo cunha escoba mollada, tapándoo cunha manta ou utilizando un extintor.
  •     Se arde un líquido en recipiente (aceite en tixola) tape o recipiente e sepáreo do lume. Nunca botar auga.
  •     Se arde un escape de gas, corte o paso coa chave e ventile.
  •     Se hai lume ou fume detrás da porta dunha habitación mantéñaa pechada, bótelle auga e tape as posibles entradas de fume con trapos mollados. Fágase ver pola xanela.

Concello de Cambre - Adro, 1 - 15660 Cambre (A Coruña)
Telf. 981 613 128 - Fax 981 675 969 - Email info@cambre.org

Mapa webAviso legal