Bandera de GaliciaBandera Española

Actividades Novas por E-mail Facebook Twitter Galerias

Probas de selección de novos voluntarios para a agrupación de voluntarios de Protección Civil de Cambre

O vindeiro sábado 16 de abril terán lugar as probas de selección de novos voluntarios para a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Cambre.

As probas comezarán ás 10.00 horas na base de Protección Civil David Pisani situada nos Campóns.

Calquer persoa interesada en participar no proceso de selección poderá inscribirse no seguinte formulario ou ben chamando ao teléfono 981 675 589.

Terán preferencia os empadroados no Concello de Cambre

A agrupación de protección civil levará a cabo un pequeño curso de ingreso e aqueles que pasen as probas pasarán a formar parte da AVPC de Cambre.

 

Formulario de inscrición

Concello de Cambre - Adro, 1 - 15660 Cambre (A Coruña)
Telf. 981 613 128 - Fax 981 675 969 - Email info@cambre.org

Mapa webAviso legal